|
Axenda Inscrición nos Monólogos monolingües Tes ata o 23 de novembro para inscribirte no III Concurso universitario de monólogos monolingües, e así poder participar e optar a premios de ata 400€. Ponte en contacto co Servizo de Normalización Lingüistica! http://www.usc.es/snl/dinamiza/monologos.htm.III Concurso de monólogos monolingües O día 29 de novembro, a partir das 20 h, poderemos pasalo ben e, asemade, reflexionar sobre a nosa lingua na Facultade de Dereito da USC, co III Concurso de monólogos monolingües, que desta volta organizan as tres universidades galegas. http://www.usc.es/snl/dinamiza/monologos.htm.Matrícula no ciclo Relacións laborais e lingua Ata o 31 de outubro has poderte matricular no ciclo de conferencias e táboas redondas “Relacións laborais e lingua”, imputable con 1 crédito de libre configuración se estudas Dereito, Relacións Laborais, Económicas, Empresas ou Políticas.31 http://www.usc.es/snl/dinamiza/rel_laborais.htm.Inaugúrase o ciclo Relacións laborais e lingua No Salón de Graos de Relacións Laborais, ás 16 h, inaugúrarase o ciclo Relacións laborais e lingua, e logo Valentina Formoso impartirá a conferencia A lingua galega nas relacións laborais: diagnóstico da situación. http://www.usc.es/snl/dinamiza/rel_laborais.htm.III Xornadas lingua e usos: Lingua e idade Os días 8, 9 e 10 de novembro desenvolveranse na Reitoría da Universidade da Coruña as III Xornadas lingua e usos, para reflexionar sobre lingua e idade. As inscricións cómpre facelas ata o 4 de novembro no SNL da UDC. http://www.udc.es/snl/dinamizacion_xornadas.htm.
|
Contamos dende maio cun excelente paquete ofimático en soporte libre, totalmente galeguizado, o OpenOffice. Conta co mellor corrector ortográfico dos existentes para o galego, e anúnciase que axiña contará con corrector gramatical, o primeiro do noso idioma.
Oxalá a USC e as administracións públicas galegas fagan un esforzo para apoiar a difusión dos programarios libres localizados na nosa lingua, prevendo a súa instalación nos equipos e ofrecendo formación para, cando menos, quen desexe utilizalos. |
principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...? |