
Contamos dende maio cun excelente paquete ofimático en soporte libre, totalmente galeguizado, o OpenOffice. Conta co mellor corrector ortográfico dos existentes para o galego, e anúnciase que axiña contará con corrector gramatical, o primeiro do noso idioma.
Oxalá a USC e as administracións públicas galegas fagan un esforzo para apoiar a difusión dos programarios libres localizados na nosa lingua, prevendo a súa instalación nos equipos e ofrecendo formación para, cando menos, quen desexe utilizalos.
|