|
Ruxe Ruxe Denuncia que a súa filla non ten escola en galego (Galicia Hoxe, 18/10/06)
Ferrol conta con un dos 17 colexios con aulas de Infantil en galego, mais a filla de Carlos Outeiro non deu entrado nel. Carlos denuncia que coa escolarización a pequena abandona progresivamente a súa lingua materna, e pide unha solución a Educación. A Mesa denuncia as pexas á escolarización en galego (La Voz de Galicia, 18/10/06)
A Mesa denuncia diante do Consello de Europa o incumprimento no ensino da Carta Europea das Linguas, aprobada do Congreso en 2001. Galicia é a única comunidade onde non hai garantías de escolarizar os nenos/as na súa lingua propia. O Supremo só acepta como oficial o topónimo A Coruña (Galicia Hoxe, 07/10/06)
Catorce anos despois do incio da batalla, o Tribunal Supremo notificoulle ao concello herculino unha nova sentenza ratificando o topónimo A Coruña como única forma oficial para denominar a cidade. Tres traballadores, discriminados por falaren en galego (La Voz de Galicia, 08/10/06)
Tres traballadores denunciaron que foron discriminados non seu emprego por falar en galego. Xustiza referendou o despedimento nun dous casos, aínda que no outro obrigou á retirada da sanción. Tribunal Superior: o galego non obrigatorio na Xustiza (La Voz de Galicia, 15/09/06)
Tras unha denuncia por non recibir unha notificación en galego, para o TSXG as resolucións xudiciais poden ser calquera das linguas oficiais, aínda que os cidadáns pode esixir que se lle notifiquen na lingua propia.
|
principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...? |