|
Axenda Curso de traballos académicos e de investigación A matrícula nos cursos de redacción e deseño de traballos académicos e de investigación, dirixidos a todo o alumnado da USC, faise a través de Internet entre o 24 de novembro e o 3 de decembro. Os cursos comezan o 10 de decembro. http://www.usc.es/snl/forma/redaccion. Remata a matrícula nas I Xornadas de recursos educativos Remata o prazo de matrícula nas I Xornadas de recursos educativos en galego, dedicadas aos de educación infantil. A actividade é gratuíta e ten recoñecido un crédito de libre configuración para todas as titulacións de Ciencias da Educación. I Xornadas de recursos educativos en galego Xornadas organizadas pola Comisión de Normalización Lingüística de Ciencias da Educación para concienciar da importancia dos recursos educativos na práctica docente e coñecer os materiais didácticos en galego, na educación infantil. http://www.usc.es/fcce/tripticorecursos.pdf. Matrícula nos cursos de galego para non galegofalantes Do 5 ao 25 de febreiro poderase formalizar a matrícula na segunda quenda dos cursos de lingua galega para non galegofalantes (niveis A1 e A2) que se desenvolverán a partir do 25 de febreiro. http://www.usc.es/idiomas/galego/cal_gal.htm.
|
|
principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...? |