
Outros seis departamentos inclúen entre os seus obxectivos para desenvolveren o Plan Estratéxico da USC a incorporación ou o incremento da docencia en galego, un dos dez obxectivos estratéxicos do dito plan neste ámbito.
Porén, noutros contratos asinados pola USC que desenvolven o seu Plan Estratéxico ignórase a importancia estratéxica que se lle atribúe ao galego. Malfadadamente algúns corresponden a departamentos cuxa docencia en galego nunca superou o 0%.
|