|
Ruxe Ruxe A lingua non restrinxe o acceso a Sanidade (Galicia Hoxe, 28/11/08) O Servizo Galego de Saúde asegurou que as probas de galego que teñen que pasar os facultativos para acceder a unha praza pública en Galicia non son eliminatorias, senón que o dominio do idioma se recoñece na puntuación. A web do DNI deixará de usar La Coruña e El Ferrol (A Nosa Terra, 24/11/08) O 60% das páxinas do primeiro nivel da web da Seguridade Social están traducidas ao galego; nas de segundo nivel hai tres seccións integramente neste idioma, outras tres están ao 70% e tres máis aparecen ao 50% en lingua galega. Gmail sabe galego, pero non quere falalo (Vieiros, 21/11/08) O servizo de correo de Google detecta e ofrece publicidade na nosa lingua, pero non ofrece a posibilidade de usala na súa interface. Os cataláns piden móbiles na súa lingúa máis cos galegos (A Nosa Terra, 21/11/08) O 20 por cento dos cataláns demandan móbiles no idioma do seu país, fronte ao 17 por cento dos galegos. Por sexos, os homes de Galicia concédenlle máis importancia á lingua que as mulleres. Na Rede o primeiro tradutor automático inglés-galego-inglés (La Voz de Galicia, 20/11/08) A empresa compostelá Imaxin Software presentou o primeiro tradutor automático inglés-galego-inglés, baseado no sistema libre Opentrad, que conta con máis de 26 pares de idiomas para traducións automáticas. Só catro das 20 empresas que máis facturan no país teñen a web e (Vieiros, 17/11/08) Gadisa, Vegonsa (a través de Eroski), Pescanova e Zara (mais non o resto do grupo Inditex), as únicas do ranking que falan o noso idioma. Preséntase unha guía de linguaxe non sexista no deporte (Vieiros, 05/11/08)
Presentouse a Guía de Linguaxe non Sexista no Deporte, para sensibilizar o sobre a necesidade de usar a linguaxe de xeito que mulleres e homes estean incluídos e sexan visíbeis por igual no deporte.
|
principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...? |