Maio do 2003
   Visita os números anteriores
Buscas


02/05/03 Remata a inscrición no Curso de redacción e deseño

05/05/03 Remate do prazo do concurso de deseño gráfico

05/05/03 Xornadas "Lingua e emprego en Europa"

05/05/03 Comeza o Correlingua 2003

09/05/03 Dictame do concurso de logotipos para as cnl




Falar galego: "No veo por qué"

Ana Iglesias Álvarez. Xerais: 2002


 


Ciencias da Educación e a lingua galega (II)


(Consultar a primeira parte en http://ocartafol.usc.es/con_creto.asp?OCartafol=7&Artigo=44)


Dentro deste mesmo ámbito da docencia, semella haber máis converxencia lingüística cara ó galego ca cara ó castelán: se un alumno fai unha pregunta en galego, o 90% do profesorado mantén que lle responde nesta mesma lingua; e o 46% do profesorado di responder en castelán a unha pregunta dun alumno castelanfalante.


Outro tipo de situacións profesionais, máis informais (falar co alumnado fóra da clase, con outros profes, ou co PAS) ou menos (intervir nun consello de departamento ou na Xunta de Facultade), resultan tamén máis favorables para o galego, aínda que o dato máis apareciable é unha maior converxencia cara á lingua do interlocutor: fronte ó 17% que dicía impartir as clases en galego e castelán (uns máis en castelán -12%- e outros máis en galego), a porcentaxe sobe ata o 22% no caso dos consellos de departamento, ata o 32% para falar co PAS, ata o 34% para falar cos alumnos fóra da clase, e ata o 46% cos compañeiros profesores.


Por outra banda, o profesorado de Ciencias da Educación tamén é máis proclive a ofrecer en galego os programas de materias, exames e materiais didácticos.


Xa que logo, apréciase que á par dun grupo bastante grande de profesores monolingües en galego no ámbito académico, e dun reducido de profesores en castelán exclusivamente, existe un segmento importante do profesorado cunha conducta lingüística neste eido máis variable, de tipo bilingüe, e que en xeral, demostra ter unha maior converxencia cara ó galego.


En cuestión de actitudes e opinións o 42% dos que responderon pensan que a docencia da Facultade debería ser totalmente en galego, o 37% maioritariamente en galego, e só o 5% escolle a opción de maioritariamente en castelán.


O estudio debúxanos un panorama moi favorable para o galego; en primeiro lugar, porque aínda que se basee en datos subxectivos (o que os docentes din saber, facer e pensar), e nunha mostra como a que é, Ciencias da Educación amósase como un centro cunha porcentaxe moi importante de docencia en galego.


En segundo lugar, porque existe un grupo de docentes que utilizan tanto o castelán coma o galego, en diferente grao e medida, en diversas situacións académicas, que non presentan problemas de competencia lingüística importantes e que están concienciados de que o galego debe ocupar un espacio maior na docencia da facultade. É unha canteira que cómpre traballar.

 


Imprimir
Noutros números:

Os concursos de deseño gráfico, a punto


Ciencias da Educación e a lingua galega (I)


Ciencias da Educación e a lingua galega (II)


EuroCom: Aprender as linguas europeas simultaneamente


É natural: a bioloxía tamén fala galego


Exposición dos deseños gráficos a prol da lingua


A lingua galega nos novos Estatutos (I)


A lingua galega nos novos Estatutos (II)


Nace USC-LEXITERM, a rolda terminolóxica da USC


Previsións de uso do galego na docencia no curso 03-04


Remataron os cursos do SNL para os alumnos e as alumnas da USC


Novas tecnoloxías, innovación educativa e galego


O 17,6% da docencia da USC impartirase en galego neste curso


Ensinar a través da Rede e en galego


Cursos de lingua na USC


A reforma das normas (por Ernesto G. Seoane)


Execución do Plan de Normalización no curso 03-04


Teses en galego: proba sen obstáculos


Polémica sobre o cumprimento da Carta europea das linguas


Só 9 titulacións cumpren o modelo lingüístico da USC


Seminario para a dinamización lingüística na USC


O galego no web da USC


Novo, urbano e universitario = menos galego


Seminario para a dinamización “Temos un plan”


Reunión das comisións de normalización


Investigar en galego, cum laude


O Plan de Normalización, en papel


19 departamentos, 0% galego na docencia


Solicitudes das cnl de axuda económica


Deseños a prol da lingua


O galego segundo a mocidade


Normalización, tamén na programación plurianual


Apoio aos traballos de investigación en galego


Novas aplicacións informáticas en galego


A reforma das Normas, gañando terreo


Corpus Paralelo CLUVI: una nova ferramenta para a tradución


bUSCatermos, a ferramenta terminolóxica para o galego na USC


Os traballiños das comisións en 2004


 

principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...?
 
©Servizo Normalización Lingüistica, Universidade de Santiago de Compostela. Correo electrónico: snlisa@usc.es