Maio do 2003
   Visita os números anteriores
Buscas


02/05/03 Remata a inscrición no Curso de redacción e deseño

05/05/03 Remate do prazo do concurso de deseño gráfico

05/05/03 Xornadas "Lingua e emprego en Europa"

05/05/03 Comeza o Correlingua 2003

09/05/03 Dictame do concurso de logotipos para as cnl




Falar galego: "No veo por qué" Ana Iglesias Álvarez. Xerais: 2002






 


Ruxe Ruxe

Unha avogada expedientada por presentar unha demanda en galego (La Voz de Galicia, 30/04/03)

A xuíza de Muros abriulle un expediente á avogada Isabel Castillo por presentar unha demanda de divorcio en galego. A xuíza non admitiu a trámite a demanda por considerar que o feito de que estivera redactada en galego supuña un "defecto subsanable".

Dous milleiros de sinaturas por un PXNL de consenso (Vieiros-galego.org, 21/04/03)

Máis de cen organizacións e 2 000 particulares apoian o manifesto en que se lle demanda á Xunta que lles permita ós axentes sociais participar na elaboración do Plan Xeral de Normalización Lingüística de Galicia.

A RAG votará en dous meses unha nova proposta de normativa (O Correo Galego, 27/04/03)

A Real Academia Galega decidirá na vindeira sesión, dentro de dous meses, se lle dá luz verde a esta nova proposta de normativa de concordia para a lingua galega entre a corrente oficialista e a da aproximación de mínimos ó portugués.

O PP rexeita incluír as linguas cooficiais no ensino exterior (O Correo Galego, )

A Comisión de Educación, Cultura e Deporte do Congreso rexeitou unha iniciativa defendida polo BNG e o PSOE en que se instaba o Goberno a incluír o ensino da lingua e da cultura galega, vasca e catalana dentro da acción educativa española no exterior.



Imprimir

 

 

 

principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...?
 
©Servizo Normalización Lingüistica, Universidade de Santiago de Compostela. Correo electrónico: snlisa@usc.es