Decembro do 2002
   Visita os números anteriores
Buscas


13/12/02 Xunta de Facultade en Dereito

13/12/02 Entrega do III Premio Manuel Beiras

14/12/02 Acto final da campaña "Mil primaveras"

17/12/02 Reparto de Vocabularios




Andel de diccionarios novos (II)


 


Un idioma preciso: a terminoloxía a debate

A Área de Terminoloxía e Linguaxes Especializadas do Servicio de Normalización Lingüística da USC e o boletín electrónico canalciencia <http://www.canalciencia.com>, dedicado á divulgación científica e á normalización lingüística, acaban de abrir en Internet a sección 'Un idioma preciso', un espacio destinado a difundir e propoñer para o seu debate propostas de denominación de termos galegos técnicos e científicos que aínda non acadaron unha forma estable ou que se empregan de forma inadecuada.

A razón do título deste espacio é que a linguaxe usada na comunicación técnica e científica debe ser "un idioma preciso", xa que a exactitude e a non ambigüidade é unha das súas características definitorias. O galego neste tipo de comunicacións é tamén "un idioma preciso": para o seu proceso de normalización é imprescindible que acceda a estes ámbitos expresivos, e que os seus falantes perciban con evidencias que todos os contidos de todos os temas poden ser comunicados a través dela.

A iniciativa consiste na difusión periódica dun pequeno estudio elaborado polos coordinadores no que se analiza un ou varios conceptos dunha área de especialidade e se propoñen nomes galegos para eles.  No seu número 1 estúdiase as denominacións relacionadas coas zonas húmidas/ humedais/humidais.  Ademais fornécese ligazóns interesantes dende o punto de vista terminolóxico.

Partindo dese traballo, ofrécese a todas as persoas interesadas un espacio virtual para debater sobre a calidade e a conveniencia das formas propostas e a presentar e defender as súas propias alternativas, a través dun foro.

O Servicio de Normalización Lingüística pretende deste xeito que todas as persoas interesadas se impliquen no proceso de elaboración do galego técnico e científico, achegando a súa opinión sobre esas propostas, ofrecendo solucións alternativas, ou incorporando as súas propias "precisións" sobre casos conflictivos para os que teñan unha proposta persoal.

 


Imprimir
Noutros números:

Os concursos de deseño gráfico, a punto


Ciencias da Educación e a lingua galega (I)


Ciencias da Educación e a lingua galega (II)


EuroCom: Aprender as linguas europeas simultaneamente


É natural: a bioloxía tamén fala galego


Exposición dos deseños gráficos a prol da lingua


A lingua galega nos novos Estatutos (I)


A lingua galega nos novos Estatutos (II)


Nace USC-LEXITERM, a rolda terminolóxica da USC


Previsións de uso do galego na docencia no curso 03-04


Remataron os cursos do SNL para os alumnos e as alumnas da USC


Novas tecnoloxías, innovación educativa e galego


O 17,6% da docencia da USC impartirase en galego neste curso


Ensinar a través da Rede e en galego


Cursos de lingua na USC


A reforma das normas (por Ernesto G. Seoane)


Execución do Plan de Normalización no curso 03-04


Teses en galego: proba sen obstáculos


Polémica sobre o cumprimento da Carta europea das linguas


Só 9 titulacións cumpren o modelo lingüístico da USC


Seminario para a dinamización lingüística na USC


O galego no web da USC


Novo, urbano e universitario = menos galego


Seminario para a dinamización “Temos un plan”


Reunión das comisións de normalización


Investigar en galego, cum laude


O Plan de Normalización, en papel


19 departamentos, 0% galego na docencia


Solicitudes das cnl de axuda económica


Deseños a prol da lingua


O galego segundo a mocidade


Normalización, tamén na programación plurianual


Apoio aos traballos de investigación en galego


Novas aplicacións informáticas en galego


A reforma das Normas, gañando terreo


Corpus Paralelo CLUVI: una nova ferramenta para a tradución


bUSCatermos, a ferramenta terminolóxica para o galego na USC


Os traballiños das comisións en 2004


 

principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...?
 
©Servizo Normalización Lingüistica, Universidade de Santiago de Compostela. Correo electrónico: snlisa@usc.es