Decembro do 2002
   Visita os números anteriores
Buscas


13/12/02 Xunta de Facultade en Dereito

13/12/02 Entrega do III Premio Manuel Beiras

14/12/02 Acto final da campaña "Mil primaveras"

17/12/02 Reparto de Vocabularios




Andel de diccionarios novos (II)


 


A EPS rememora o Seminario de Estudos Galegos

A Comisión de Normalización Lingüística (CNL) da Escola Politécnica Superior do Campus de Lugo realizou xa dúas actividades no que vai de curso: por unha banda abriu ó público a exposición "O seminario de Estudos Galegos: oitenta anos de ciencia de noso", e pola outra puxo a andar a súa campaña de presentación co reparto de carteis, trípticos e adhesivos.

A exposición, que se puido visitar na Escola Politécnica do 4 ó 13 de novembro, rendeulle homenaxe, como o seu nome indicaba, ó Seminario de Estudos Galegos, a entidade que na nosa historia contemporánea empregou por primeira vez a lingua galega para a transmisión de coñecementos científicos. Nela colaboraron membros do Novo Seminario de Estudos Galegos como Isaac Díaz Pardo e Francisco Díaz-Fierros, quen ademais pronunciou unha conferencia, "As ciencias agrarias no vello e no novo Seminario de Estudos Galegos", na xornada de clausura.

E á par da exposición tódolos membros da EPS coñeceron este mes pasado a existencia e as actividades da CNL. Repartíronse carteis, trípticos e pegatinas para difundir os servicios que tanto o SNL como a CNL lles prestan á comunidade universitaria. Os deseños gráficos escollidos para esta campaña foron os premiados no certame de finais do curso pasado, que tiña por obxectivo buscar a mellor imaxe de promoción do galego dentro do Campus de Lugo.

Asemade deuse tamén a coñecer a creación e mantemento dunha páxina web (http:web.lugo.usc.es/cnleps/) desde onde se difunden tódalas actividades da USC en relación coa promoción e uso do galego. Neste web tamén se recollen as inquedanzas de toda a comunidade universitaria en relación con estes temas. ¡Convidámosvos a entrar!

 


Imprimir
Noutros números:

Os concursos de deseño gráfico, a punto


Ciencias da Educación e a lingua galega (I)


Ciencias da Educación e a lingua galega (II)


EuroCom: Aprender as linguas europeas simultaneamente


É natural: a bioloxía tamén fala galego


Exposición dos deseños gráficos a prol da lingua


A lingua galega nos novos Estatutos (I)


A lingua galega nos novos Estatutos (II)


Nace USC-LEXITERM, a rolda terminolóxica da USC


Previsións de uso do galego na docencia no curso 03-04


Remataron os cursos do SNL para os alumnos e as alumnas da USC


Novas tecnoloxías, innovación educativa e galego


O 17,6% da docencia da USC impartirase en galego neste curso


Ensinar a través da Rede e en galego


Cursos de lingua na USC


A reforma das normas (por Ernesto G. Seoane)


Execución do Plan de Normalización no curso 03-04


Teses en galego: proba sen obstáculos


Polémica sobre o cumprimento da Carta europea das linguas


Só 9 titulacións cumpren o modelo lingüístico da USC


Seminario para a dinamización lingüística na USC


O galego no web da USC


Novo, urbano e universitario = menos galego


Seminario para a dinamización “Temos un plan”


Reunión das comisións de normalización


Investigar en galego, cum laude


O Plan de Normalización, en papel


19 departamentos, 0% galego na docencia


Solicitudes das cnl de axuda económica


Deseños a prol da lingua


O galego segundo a mocidade


Normalización, tamén na programación plurianual


Apoio aos traballos de investigación en galego


Novas aplicacións informáticas en galego


A reforma das Normas, gañando terreo


Corpus Paralelo CLUVI: una nova ferramenta para a tradución


bUSCatermos, a ferramenta terminolóxica para o galego na USC


Os traballiños das comisións en 2004


 

principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...?
 
©Servizo Normalización Lingüistica, Universidade de Santiago de Compostela. Correo electrónico: snlisa@usc.es