|
Je parle galicien - I speak galicien language Unha vez máis, dende o 1995-96, comezaron xa as clases do Curso de lingua galega para non galegofalantes o pasado día 30 de outubro. Un total de 89 persoas, 57 no Campus de Santiago e 32 no de Lugo, foron os matriculados desta volta. Procedentes doutras comunidades do Estado (Asturias, Cataluña, Valencia, Euscadi, Canarias...), doutros países europeos (Portugal, Francia, Suíza, Alemaña, Italia, Suecia...), de Marrocos e de países americanos (arxentinos, venezolanos, mexicanos..., e tamén canadenses), todos eles queren adquirir os coñecementos mínimos para comprender este noso idioma, e mesmo nalgúns casos, poder comezar a expresarse nel. Destaca este curso a alta incorporación de estudiantes dos programas Sócrates e Erasmus, gracias a unha mellor coordinación en canto á información fornecida polo Gabinete de Relacións Exteriores e o Servicio de Normalización Lingüística. Aínda que a maioría dos matriculados pertence á comunidade universitaria, o curso tamén vén acollendo persoas de fóra da USC. A experiencia dos cursos anteriores, polos que xa pasaron 331 universitarios, resulta moi satisfactoria, por canto os alumnos acaban conseguindo un bo grao de competencia en galego, logo de asistiren ás 80 horas lectivas de que consta cada un dos dous niveis, elemental e competencia, en que se modula. Ambos seguen un deseño curricular e uns materiais propios. Cómpre salientar que estes cursos son exclusivos da USC, e tamén aclarar que estes non son os cursos de iniciación e perfeccionamento, que hai anos que non se imparten na USC; as persoas interesadas neles deben dirixirse para solicitar información á Dirección Xeral de Política Lingüística. Ós alumnos que superen este curso de lingua galega para non galegofalantes, a Universidade de Santiago e a Xunta de Galicia hanlles outorgar un certificado de aptitude, e aqueles que proveñan de fóra de Galicia poderaselles recoñecer cinco créditos de libre configuración.
|
Neste número:
A Comisión de Psicoloxía, quencendo motores
O Vocabulario de Química presentouse xa en Lugo
Mil primaveras. Por un futuro de árbores e palabras
Léxico de Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
O Servicio de Normalización Lingüística, de mudanza
Noutros números:
Os concursos de deseño gráfico, a punto Ciencias da Educación e a lingua galega (I) Ciencias da Educación e a lingua galega (II) EuroCom: Aprender as linguas europeas simultaneamente É natural: a bioloxía tamén fala galego Exposición dos deseños gráficos a prol da lingua A lingua galega nos novos Estatutos (I) A lingua galega nos novos Estatutos (II) Nace USC-LEXITERM, a rolda terminolóxica da USC Previsións de uso do galego na docencia no curso 03-04 Remataron os cursos do SNL para os alumnos e as alumnas da USC Novas tecnoloxías, innovación educativa e galego O 17,6% da docencia da USC impartirase en galego neste curso Ensinar a través da Rede e en galego A reforma das normas (por Ernesto G. Seoane) Execución do Plan de Normalización no curso 03-04 Teses en galego: proba sen obstáculos Polémica sobre o cumprimento da Carta europea das linguas Só 9 titulacións cumpren o modelo lingüístico da USC Seminario para a dinamización lingüística na USC Novo, urbano e universitario = menos galego Seminario para a dinamización “Temos un plan” Reunión das comisións de normalización Investigar en galego, cum laude O Plan de Normalización, en papel 19 departamentos, 0% galego na docencia Solicitudes das cnl de axuda económica Normalización, tamén na programación plurianual Apoio aos traballos de investigación en galego Novas aplicacións informáticas en galego A reforma das Normas, gañando terreo Corpus Paralelo CLUVI: una nova ferramenta para a tradución bUSCatermos, a ferramenta terminolóxica para o galego na USC Os traballiños das comisións en 2004 |
principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...? |