Maio do 2003
   Visita os números anteriores
Buscas


02/05/03 Remata a inscrición no Curso de redacción e deseño

05/05/03 Remate do prazo do concurso de deseño gráfico

05/05/03 Xornadas "Lingua e emprego en Europa"

05/05/03 Comeza o Correlingua 2003

09/05/03 Dictame do concurso de logotipos para as cnl




Falar galego: "No veo por qué"

Ana Iglesias Álvarez. Xerais: 2002


 


Ciencias da Educación e a lingua galega (I)


A Comisión de Normalización Lingüistica da Facultade de Ciencias da Educación distribuíu, o pasado curso 2001-2002, un cuestionario sociolingüístico entre o conxunto do profesorado do centro, co obxectivo de obter información sobre a súa competencia lingüistica, sobre as conductas lingüistica orais ou escritas, así como as opinións sobre certas cuestións relacionadas coa lingua no ámbito profesional. Tratábase de contar cunha radiografía de partida, a partir da cal elaborar un diagnóstico sobre a situación da lingua galega e propoñer medidas de actuación dende a Comisión.


A partir dos 41 cuestionarios recibidos pola CNL, procedentes de tódolos departamentos con sede na Facultade, e mais outros con docencia nela, elaborouse un pequeno informe, do cal presentamos algúns datos de interese.


En canto a opinión que os docentes de Ciencias da Educación teñen sobre a súa competencia lingüística en galego, cómpre salientar que en xeral, o profesorado do centro séntese competente en galego: todos sen excepción afirman entender o galego ben (20%) ou perfectamente (80%), ou que só o 5% e o 7% falan e escriben mal. A resposta perfectamente para entender, falar, escribir ou ler é a máis riscada polos docentes desta facultade. O outro feito subliñable é que en harmonía cos datos que se adoitan recoller noutros estudios, as competencias pasivas (entender e ler) son máis altas que as activas (falar e escribir). Así, o 80% que di entender e o 73% que di ler perfectamente o galego redúcese ata o 44% á hora de falalo e o 30% á de escribilo. Xa que logo, os esforzos necesarios neste eido deberían destinarse a mellorar as competencias máis activas, a lectura e a escritura.


Segundo os cuestionarios, a lingua máis utilizada na docencia desta facultade é o galego: o 56% afirma que imparte as súas materias só en galego, ó que hai que lle sumar o 5% que usa máis o galego có castelán. Un 22% impártea só en castelán, á beira dun 12% que usa máis o castelán có galego. Ó cruzar os datos compróbase que a maior competencia na nosa lingua é proporcional ó seu uso.


(Consultar a continuación en http://ocartafol.usc.es/con_creto.asp?OCArtafol=7&Artigo=45)

 


Imprimir
Noutros números:

Os concursos de deseño gráfico, a punto


Ciencias da Educación e a lingua galega (I)


Ciencias da Educación e a lingua galega (II)


EuroCom: Aprender as linguas europeas simultaneamente


É natural: a bioloxía tamén fala galego


Exposición dos deseños gráficos a prol da lingua


A lingua galega nos novos Estatutos (I)


A lingua galega nos novos Estatutos (II)


Nace USC-LEXITERM, a rolda terminolóxica da USC


Previsións de uso do galego na docencia no curso 03-04


Remataron os cursos do SNL para os alumnos e as alumnas da USC


Novas tecnoloxías, innovación educativa e galego


O 17,6% da docencia da USC impartirase en galego neste curso


Ensinar a través da Rede e en galego


Cursos de lingua na USC


A reforma das normas (por Ernesto G. Seoane)


Execución do Plan de Normalización no curso 03-04


Teses en galego: proba sen obstáculos


Polémica sobre o cumprimento da Carta europea das linguas


Só 9 titulacións cumpren o modelo lingüístico da USC


Seminario para a dinamización lingüística na USC


O galego no web da USC


Novo, urbano e universitario = menos galego


Seminario para a dinamización “Temos un plan”


Reunión das comisións de normalización


Investigar en galego, cum laude


O Plan de Normalización, en papel


19 departamentos, 0% galego na docencia


Solicitudes das cnl de axuda económica


Deseños a prol da lingua


O galego segundo a mocidade


Normalización, tamén na programación plurianual


Apoio aos traballos de investigación en galego


Novas aplicacións informáticas en galego


A reforma das Normas, gañando terreo


Corpus Paralelo CLUVI: una nova ferramenta para a tradución


bUSCatermos, a ferramenta terminolóxica para o galego na USC


Os traballiños das comisións en 2004


 

principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...?
 
©Servizo Normalización Lingüistica, Universidade de Santiago de Compostela. Correo electrónico: snlisa@usc.es