Maio do 2003
   Visita os números anteriores
Buscas


02/05/03 Remata a inscrición no Curso de redacción e deseño

05/05/03 Remate do prazo do concurso de deseño gráfico

05/05/03 Xornadas "Lingua e emprego en Europa"

05/05/03 Comeza o Correlingua 2003

09/05/03 Dictame do concurso de logotipos para as cnl




Falar galego: "No veo por qué"

Ana Iglesias Álvarez. Xerais: 2002


 


Os concursos de deseño gráfico, a punto



A finais do pasado mes de marzo abríase a convocatoria de dous concursos de deseño gráfico na USC con cadanseu obxectivo: dotar as comisións de normalización lingüistica dos centros dun logotipo común, nun caso, e no outro, fornecer o deseño gráfico dunha campaña publicitaria para dar a coñecer a Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Bioloxía.



O concurso do logotipo xa viu rematado o prazo para a presentación de propostas o pasado día 25 de abril. Ó Servicio de Normalización Lingüistica achegáronse un total de 49 traballos, en papel e en formato TIF. Ó concurso podía presentarse calquera membro da comunidade universitaria da USC (alumnado, persoal docente e investigador, ou persoal de administración e servicios).



Queda agora por determinar o gañador ou gañadora do certame, que obterá o substancioso e único premio de 800 euros, así como a publicación do seu traballo. O dictame do xurado farase público o 9 de maio de 2003, e poderase consultar a través do web do Servicio de Normalización Lingüistica*. O xurado estará formado por Lois Rodríguez, deseñador gráfico e director de acordar.com; Joaquín Rodríguez Toubes, secretario xeral da USC; Emilio Valadé del Río, da Comisión de Normalización Lingüística de Bioloxía; Xoán Guitián Rivera, da Comisión de Normalización Lingüística de Química, e Isabel Vaquero Quintela, do Servicio de Normalización Lingüística.



De por parte, o concurso de deseño gráfico para ilustrar os soportes (carteis, adhesivos e dípticos) dunha campaña para dar a coñecer a Comisión de Normalización Lingüística de Bioloxía, pechará o seu prazo para a presentación de orixinais o vindeiro 5 de maio ás 14 horas. Neste caso, o concurso está restrinxido ós membros da comunidade universitaria que desenvolvan a súa actividade na dita Facultade.



O concurso resolverase na primeira quincena do mes de maio e o gañador ou gañadora recibirá un premio único de 500 euros en libros. No anterior número do Cartafol dixital podes obter máis información sobre o certame; as bases pódense consultar no web do Servicio de Normalización Lingüística*



* http://www.usc.es/snlus/concursos.htm

 


Imprimir
Noutros números:

Os concursos de deseño gráfico, a punto


Ciencias da Educación e a lingua galega (I)


Ciencias da Educación e a lingua galega (II)


EuroCom: Aprender as linguas europeas simultaneamente


É natural: a bioloxía tamén fala galego


Exposición dos deseños gráficos a prol da lingua


A lingua galega nos novos Estatutos (I)


A lingua galega nos novos Estatutos (II)


Nace USC-LEXITERM, a rolda terminolóxica da USC


Previsións de uso do galego na docencia no curso 03-04


Remataron os cursos do SNL para os alumnos e as alumnas da USC


Novas tecnoloxías, innovación educativa e galego


O 17,6% da docencia da USC impartirase en galego neste curso


Ensinar a través da Rede e en galego


Cursos de lingua na USC


A reforma das normas (por Ernesto G. Seoane)


Execución do Plan de Normalización no curso 03-04


Teses en galego: proba sen obstáculos


Polémica sobre o cumprimento da Carta europea das linguas


Só 9 titulacións cumpren o modelo lingüístico da USC


Seminario para a dinamización lingüística na USC


O galego no web da USC


Novo, urbano e universitario = menos galego


Seminario para a dinamización “Temos un plan”


Reunión das comisións de normalización


Investigar en galego, cum laude


O Plan de Normalización, en papel


19 departamentos, 0% galego na docencia


Solicitudes das cnl de axuda económica


Deseños a prol da lingua


O galego segundo a mocidade


Normalización, tamén na programación plurianual


Apoio aos traballos de investigación en galego


Novas aplicacións informáticas en galego


A reforma das Normas, gañando terreo


Corpus Paralelo CLUVI: una nova ferramenta para a tradución


bUSCatermos, a ferramenta terminolóxica para o galego na USC


Os traballiños das comisións en 2004


 

principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...?
 
©Servizo Normalización Lingüistica, Universidade de Santiago de Compostela. Correo electrónico: snlisa@usc.es