|
Un idioma preciso: a terminoloxía a debate A Área de Terminoloxía e Linguaxes Especializadas do Servicio de Normalización Lingüística da USC e o boletín electrónico canalciencia <http://www.canalciencia.com>, dedicado á divulgación científica e á normalización lingüística, acaban de abrir en Internet a sección 'Un idioma preciso', un espacio destinado a difundir e propoñer para o seu debate propostas de denominación de termos galegos técnicos e científicos que aínda non acadaron unha forma estable ou que se empregan de forma inadecuada. A razón do título deste espacio é que a linguaxe usada na comunicación técnica e científica debe ser "un idioma preciso", xa que a exactitude e a non ambigüidade é unha das súas características definitorias. O galego neste tipo de comunicacións é tamén "un idioma preciso": para o seu proceso de normalización é imprescindible que acceda a estes ámbitos expresivos, e que os seus falantes perciban con evidencias que todos os contidos de todos os temas poden ser comunicados a través dela. A iniciativa consiste na difusión periódica dun pequeno estudio elaborado polos coordinadores no que se analiza un ou varios conceptos dunha área de especialidade e se propoñen nomes galegos para eles. No seu número 1 estúdiase as denominacións relacionadas coas zonas húmidas/ humedais/humidais. Ademais fornécese ligazóns interesantes dende o punto de vista terminolóxico. Partindo dese traballo, ofrécese a todas as persoas interesadas un espacio virtual para debater sobre a calidade e a conveniencia das formas propostas e a presentar e defender as súas propias alternativas, a través dun foro. O Servicio de Normalización Lingüística pretende deste xeito que todas as persoas interesadas se impliquen no proceso de elaboración do galego técnico e científico, achegando a súa opinión sobre esas propostas, ofrecendo solucións alternativas, ou incorporando as súas propias "precisións" sobre casos conflictivos para os que teñan unha proposta persoal.
|
Neste número:
A Comisión de Psicoloxía, quencendo motores
O Vocabulario de Química presentouse xa en Lugo
Je parle galicien - I speak galicien language
Mil primaveras. Por un futuro de árbores e palabras
Léxico de Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Noutros números:
Os concursos de deseño gráfico, a punto Ciencias da Educación e a lingua galega (I) Ciencias da Educación e a lingua galega (II) EuroCom: Aprender as linguas europeas simultaneamente É natural: a bioloxía tamén fala galego Exposición dos deseños gráficos a prol da lingua A lingua galega nos novos Estatutos (I) A lingua galega nos novos Estatutos (II) Nace USC-LEXITERM, a rolda terminolóxica da USC Previsións de uso do galego na docencia no curso 03-04 Remataron os cursos do SNL para os alumnos e as alumnas da USC Novas tecnoloxías, innovación educativa e galego O 17,6% da docencia da USC impartirase en galego neste curso Ensinar a través da Rede e en galego A reforma das normas (por Ernesto G. Seoane) Execución do Plan de Normalización no curso 03-04 Teses en galego: proba sen obstáculos Polémica sobre o cumprimento da Carta europea das linguas Só 9 titulacións cumpren o modelo lingüístico da USC Seminario para a dinamización lingüística na USC Novo, urbano e universitario = menos galego Seminario para a dinamización “Temos un plan” Reunión das comisións de normalización Investigar en galego, cum laude O Plan de Normalización, en papel 19 departamentos, 0% galego na docencia Solicitudes das cnl de axuda económica Normalización, tamén na programación plurianual Apoio aos traballos de investigación en galego Novas aplicacións informáticas en galego A reforma das Normas, gañando terreo Corpus Paralelo CLUVI: una nova ferramenta para a tradución bUSCatermos, a ferramenta terminolóxica para o galego na USC Os traballiños das comisións en 2004 |
principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...? |