|
A Comisión de Psicoloxía, quencendo motores Na Facultade de Psicoloxía comezaron a quencer os motores que pulan pola lingua para este curso que andamos, e xa dende a perspectiva do Plan de Normalización da USC recentemente aprobado. A súa Comisión de Normalización Lingüística, delegada da Xunta de Facultade, está formada polos profesores Elena Andrade, Fina Castro e Mauro Rodríguez, pola estudiante Verónica Domínguez e polo membro do PAS Anxo Doval, e presidida pola profesora Concha Losada. Entre os proxectos que a Comisión acordou levar adiante de forma inmediata destacan a edición dunha revista aberta á colaboración dos estudiantes da Facultade, e mais a elaboración e difusión dunha escolma de modelos normalizados de uso corrente entre o profesorado mediante un disquete. O proxecto de O gran psicólogo, título da revista, xa foi presentado na Facultade con moi boa acollida entre o alumnado. Constará de varias seccións, como 'Ata o fondo', para tratar temas en profundidade ou publicar entrevistas relacionadas coa Psicoloxía, ou '¿Como se fai?', para informar sobre procedementos dentro da USC. Outras seccións terán un carácter máis festeiro, como 'Lava esa boca', sobre ruxe-ruxes da Facultade, ou 'Festas jolgorrio'. Xa está aberto o prazo para enviar colaboracións para o número 0, que se poden enviar a <psinorma@usc.es>, o enderezo de correo electrónico da Comisión. A difusión dos modelos de documentos responde ó desexo da Comisión de facilitar o uso do galego entre o profesorado, en asuntos de tipo extra-académico, pero que forman parte da súa actividade habitual, como convocatoria de tribunais para teses, informes sobre traballos de investigación, invitación a conferencias ou charlas, etc. Así mesmo, e máis a longo prazo, a Comisión está traballando nun proxecto de curso sobre creación de webs de carácter docente para as materias impartidas na Facultade, de xeito que á promoción do uso das novas tecnoloxías entre o profesorado de Psicoloxía se lle una a promoción do uso do galego na función docente. Por outra banda, a CNL de Psicoloxía pretende tamén afondar na galeguización da rotulación do edificio e mais na dos epígrafes de rexistro nos índices da Biblioteca.
|
Neste número:
O Vocabulario de Química presentouse xa en Lugo
Je parle galicien - I speak galicien language
Mil primaveras. Por un futuro de árbores e palabras
Léxico de Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
O Servicio de Normalización Lingüística, de mudanza
Noutros números:
Os concursos de deseño gráfico, a punto Ciencias da Educación e a lingua galega (I) Ciencias da Educación e a lingua galega (II) EuroCom: Aprender as linguas europeas simultaneamente É natural: a bioloxía tamén fala galego Exposición dos deseños gráficos a prol da lingua A lingua galega nos novos Estatutos (I) A lingua galega nos novos Estatutos (II) Nace USC-LEXITERM, a rolda terminolóxica da USC Previsións de uso do galego na docencia no curso 03-04 Remataron os cursos do SNL para os alumnos e as alumnas da USC Novas tecnoloxías, innovación educativa e galego O 17,6% da docencia da USC impartirase en galego neste curso Ensinar a través da Rede e en galego A reforma das normas (por Ernesto G. Seoane) Execución do Plan de Normalización no curso 03-04 Teses en galego: proba sen obstáculos Polémica sobre o cumprimento da Carta europea das linguas Só 9 titulacións cumpren o modelo lingüístico da USC Seminario para a dinamización lingüística na USC Novo, urbano e universitario = menos galego Seminario para a dinamización “Temos un plan” Reunión das comisións de normalización Investigar en galego, cum laude O Plan de Normalización, en papel 19 departamentos, 0% galego na docencia Solicitudes das cnl de axuda económica Normalización, tamén na programación plurianual Apoio aos traballos de investigación en galego Novas aplicacións informáticas en galego A reforma das Normas, gañando terreo Corpus Paralelo CLUVI: una nova ferramenta para a tradución bUSCatermos, a ferramenta terminolóxica para o galego na USC Os traballiños das comisións en 2004 |
principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...? |