
Onde as normativas non conseguen resultados, cómpre sensibilizar e incentivar. O uso do galego na docencia da USC avanza con timidez e con enormes esforzos, sobranceiramente grazas ao convencemento individual que moi pouco e pouco se vai contaxiando entre o noso profesorado.
A argumentos e incentivos cómprelles globalidade, completitude e firmeza, apoiárense en todos os esteos, novos e vellos, que alicerzan a nosa universidade cara ao futuro. Onda non, iremos coma tartarugas e malbaratando esforzos.
|