Febreiro do 2006
   Visita os números anteriores
Buscas


01/03/06 Cursos para non galegofalantes

07/03/06 Cursos de iniciación e perfeccionamento

13/03/06 Ferramentas informáticas para a lingua

13/03/06 Adaptación ao cambio normativo

15/03/06 Bioloxía: Presentación dos II Premios á calidade

08/03/06 Económicas: Presentación dos II Premios á calidade

21/07/06 Premios á calidade lingüística nos traballos académicos




O catálogo de publicacións do Sergas






 


Ruxe Ruxe

A USC expedirá o Suplemento Europeo ao Título en varios idiomas (Xornal da USC, 13/02/06)

O SET facilita información sobre os coñecementos e as capacidades adquiridas polos estudantes para facilitar a mobilidade e o emprego dos titulados. O SET será elaborado en español, galego e inglés.

Un informe interno da Eurocámara desaconsella admitir o galego (La Voz de Galicia, 31/01/06)

O Parlamento Europeo dubida de que admitir o galego, o catalán e o vasco como linguas de traballo da Eurocámara, como pretende o Goberno español, sexa unha medida oportuna e acertada, xa que considera que sería un perigoso precedente.

O Atlas da entoación galega xa está en marcha (Vieiros: galego.org, 01/02/06)

Un equipo de investigadores das universidades de Santiago botaron a andar o Atlas da Entoación Galega, co que se pretende trazar un mapa das melodías que usamos os galegos para falar. A súa aplicación máis directa será nas ferramentas de recoñecemento e síntese de voz.

O galego en inferioridade de condicións na función pública (A Nosa Terra, 08/02/06)

Os cambios introducidos a última hora no proceso de selección de persoal nos grupos E, D e A nos corpos xerais da Administración autonómica discriminan o galego e forzan os opositores a empregaren o castelán.

Máis de 300 mil galegos non usan nunca o galego (Galicia Hoxe, 20/02/06)

O director xeral de Xuventude e Solidariedade lembrou os datos do Censo de Poboación e Vivenda para advertir da grave situación do galego e para anunciar a posta en marcha dunha batería de medidas para potenciar o uso do galego entre a mocidade.

Plan operativo de política lingüística para 2006 (Vieiros: galego.org, 24/02/06)

A secretaria xeral de Política Lingüística explicou no Parlamento que en 2006 se creará a Comisión Interdepartamental da Xunta, o Consello Social da Lingua Galega e o Consorcio para a promoción da lingua en concellos e deputacións.



Imprimir

 

 

 

principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...?
 
©Servizo Normalización Lingüistica, Universidade de Santiago de Compostela. Correo electrónico: snlisa@usc.es