Marzo do 2009
   Visita os números anteriores
Buscas


01/04/09 II Ciclo de teatro comunitario: Teatro (é) educación

15/04/09 II Xornadas lingua, literatura e nación: o galego nos medios

16/04/09 Presentacion do Vocabulario de Medicina

20/04/09 VI Certame Literario Concello de Ames. Narrativa e poesía

10/05/09 III Concurso «Lingua de amor»

04/06/09 III Certame de recolla da tradición oral galego-portuguesa

20/06/09 Remata a inscrición nos cursos preparatorios dos CELGA

24/07/09 Premios á calidade e á excelencia lingüística

24/07/09 Premios «Comunicándomos» de publicidade en galego




Exeria, ferramenta contra o sexismo na linguaxe Tagen Ata






 


Pasa a folla

Exeria, ferramenta contra o sexismo na linguaxe

A Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia presentou este mes Exeria, unha nova ferramenta informática que permite corrixir a linguaxe sexista nos textos escritos en galego. A través da súa integración no paquete ofimático de código aberto OpenOffice, Exeria detecta aqueles termos que adoitan ter un uso sexista e propón alternativas máis acaídas.


A aplicación emprega unha interface moi sinxela á que se pode acceder dende o propio menú do OpenOffice. Cando Exeria detecta unha palabra sospeitosa de ser utilizada de xeito sexista, indícao empregando a cor vermella e sinala a frase ou contexto onde se detectou esta forma.


Deste xeito, é o propio usuario/a quen decide mudar ou non a palabra dependendo do contexto no que se empregue. Por exemplo, se queremos pór a frase «A Xunta de Galicia quere incentivar os funcionarios pola calidade», o Exeria detectará o termo <«funcionarios» e marcaráo en vermello. A seguir, sinalará  a palabra xenérica pola que a podes trocar, que neste caso sería «funcionariado». Asemade, Exeria presenta unha serie de suxestións adicionais como «persoal funcionario» ou «corpo de funcionarios/as». Por último, o usuario ten que decidir se vai empregar algunha das solucións propostas pola aplicación, se vai buscar unha mellor ou se vai manter a forma orixinaria.


Esta ferramenta foi desenvolvida pola cooperativa de comunicación e lingua Tagen Ata e atópase dispoñible para descargar en código aberto e de balde, tanto na súa versión para Windows, como na de Mac e Linux.


Ademais de poder descargala no noso propio computador e empregala co Open Office, Exeria pode utilizarse simplemente para consultar as nosas dúbidas a respecto das alternativas fronte á utilización que sabemos machista dun termo, a través dun formulario no propio web da aplicación. Así, utilizando un sinxelo buscador, podemos atopar múltiples sinónimos ou palabras alternativas ás máis habituais da linguaxe machista.


Sen dúbida unha ferramenta de moito interese nesta Universidade que acaba de presentar publicamente o seu Plan estratéxico de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, o cal, entre os seus principios inspiradores recolle o do uso non sexista da linguaxe e da imaxe: «Adopción das medidas necesarias para eliminar o uso sexista da linguaxe, e garantir e promover a utilización dunha imaxe das mulleres e dos homes fundamentada na igualdade de sexos en todos os ámbitos da vida.»


 



Imprimir

 

 

principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...?
 
©Servizo Normalización Lingüistica, Universidade de Santiago de Compostela. Correo electrónico: snlisa@usc.es