|
Axenda II Ciclo de teatro comunitario: Teatro (é) educación Conferencias e representacións a cargo de grupos amadores de teatro son as claves deste segundo ciclo, organizado pola Comisión de Normalización de Ciencias da Educación. http://www.usc.es/fcce/teatrocomunitario.pdf. II Xornadas lingua, literatura e nación: o galego nos medios O Comité de Filoloxía da Coruña desenvolverá nese centro os días 15, 16 e 17 de abril as xornadas sobre o galego nos medios, para as que están solicitados 2 CLC pola UdC. Para te anotares tes ata o propio día 15. http://www.comitesabertos.org/glg/actualidade.php?var1=Novas&nar1=8. Presentacion do Vocabulario de Medicina Na Facultade de Medicina, ás 12 h, terá lugar o acto de presentación pública do Vocabulario de Medicina (galego-español-inglés-portugués) editado pola USC, coa presenza do reitor. .VI Certame Literario Concello de Ames. Narrativa e poesía Poderá concorrer ata o 20 de abril calquera persoa que presente textos poéticos ou narrativos inéditos escritos en lingua galega. O tema é libre. Hai tres premios para cadansúas tres categorías etarias. http://concellodeames.org/medi/Baners/diptico.pdf. III Concurso «Lingua de amor» O Consello da Xuventude de Galicia convoca a terceira edición do concurso «Lingua de Amor», con dúas modalidade: declaracións de amor e cancións de amor en lingua galega, para 2 categorías, 14-19 anos e 20- 35 anos. http://www.linguadeamor.eu/. III Certame de recolla da tradición oral galego-portuguesa Pretende recoller mostras dos saberes de persoas ou colectivos que poidan ser considerados «tesouros vivos do patrimonio galego-portugués». Entre as cinco categorías de premios, unha específica para Universidade. http://pontenasondas.org/. Remata a inscrición nos cursos preparatorios dos CELGA O 20 de xuño remata o prazo de inscrición na segunda quenda de cursos preparatorios dos exames para obter o Certificado de Lingua Galega (Celga). En xullo e agosto desenvolveranse 40 cursos para preparar os Celga 1, 2, 3 e 4. http://xunta.es/linguagalega/noticias/celga. Premios á calidade e á excelencia lingüística Ata o 24 de xullo de 2009 teñen de prazo aqueles estudantes que queiran presentar os seus traballos académicos redactados en lingua galega aos V Premios á calidade e á excelencia lingüistica. http://www.usc.es/snl/dinamiza/calidade1.htm. Premios «Comunicándomos» de publicidade en galego Se es estudante da USC, poderás presentar unha proposta publicitaria artellada arredor dun lema en galego ata o 24 de xullo. Podes gañar ata 500 euros en metálico! http://www.usc.es/snl/dinamiza/publicidade.htm.
|
O Estatuto de Autonomía de 1981 consagra o galego como lingua propia de Galicia, a súa oficialidade e o deber dos poderes públicos de potenciaren o seu emprego e de dispoñeren os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento.
|
principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...? |