Decembro do 2006
   Visita os números anteriores
Buscas


29/01/07 Exames dos cursos de galego para non galegofalantes

12/02/07 Segunda quenda dos cursos para non galegofalantes

23/02/07 Entrega dos II Premios á calidade en Psicoloxía




De bolina Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia






 


Pasa a folla

De bolina

Desta volta non vos imos presentar un produto pechado (un dicionario, un vocabulario, un repertorio de lexislación, un sitio web…) como facemos na maior parte dos Cartafoles. Preferimos fixarnos nunha iniciativa que é basicamente un andel, construído e ordenado polo Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia, no que se van clasificando sitios web con iniciativas interesantes para a promoción e a difusión da lingua galega. O seu nome é De bolina.

Tanto polo tema como pola entidade que o promove, podería pensarse que se trata dun recurso dirixido a profesionais da lingua, pero a realidade é ben diferente. Evidentemente, recolle recursos técnicos e especializados, como bases bibliográficas (na sección “Bibliografía”), lexislación lingüística (en “Lexislación”) ou unha listaxe de entidades internacionais centradas no estudo e a promoción das linguas minorizadas (“Ámbito internacional”). Pero na maior parte dos compartimentos dese andel almacénanse webs que poden ser útiles para calquera persoa interesada no galego a nivel xeral –e como mostra, abonda con indicar que a destacada da semana na que redactamos estas liñas é Vieiros da escola.

Así, podemos ver unha ampla listaxe de dicionarios, vocabularios e glosarios accesibles a través de Internet, cursos e recursos para aprender galego, xogos de lingua para rapaces

Pero ademais, remexendo entre os andeis, nuns poucos minutos descubrín a orixe dos apelidos dun meu coñecido, atopei información sobre a situación do galego no Bierzo, e puiden descargar un CD cunha gran compilación de software libre en galego.

A ver qué atopades vós!



Imprimir

 

 

principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...?
 
©Servizo Normalización Lingüistica, Universidade de Santiago de Compostela. Correo electrónico: snlisa@usc.es