|
Ruxe Ruxe A lectoescrita en galego, clave para recuperarmos falantes (Vieiros-galego.org, 15/12/06)
A Consellería de Educación propón entre o 56 e o 68% das materias obrigatorias en galego, así como convertelo en lingua inicial da alfabetización, o que pode ser chave para evitar a perda de falantes. Posible primeira boneca galegofalante (Vieiros-galego.org, 12/12/06)
Unha empresa valenciana, Nines Artesanals, podería fabricar a primeira boneca galegofalante, cubrindo o importante oco que existe en Galiza de produtos para nenos/as na nosa lingua. Mais cómpre unha demanda que cubra os custos de produción. Os nomes dos metais e os niveis de competencia en galego (Vieiros-galego.org, 05/12/06)
O Centro Ramón Piñeiro de Investigación en Humanidades presentou dúas novidades editoriais: O nome e os símbolos dos elementos químicos e Niveis de competencia en lingua galega. Lanzarase un diario gratuíto en galego nas 7 grandes cidades (Xornal.com, 04/12/06)
O Grupo El Progreso anunciou o lanzamento dun diario gratuíto escrito en lingua galega, cunha tiraxe de 50.000 exemplares nas sete principáis cidades de Galicia. Chamarase LV (De Luns a Venres) e editarase nos días laborables. O premio Manuel Beiras recae en Aceiro, T-44 e Xaquín Mato (El Correo Gallego, 01/12/06)
As empresas compostelás Aceiro e T44 foron galardoadas co premio Manuel Beiras, que xa levan recoñecido o labor de 17 empresas polo seu labor de difusión da lingua galega nas súas comunicacións. Voluntariado lingüístico para axudar a aprender galego (La Voz de Galicia, 01/12/06)
Os galegofalantes poderán partillar o seu tempo para axudar a outras persoas a aprender a lingua galega a través do Voluntariado de activación lingüística, iniciativa da Mesa pola Normalización Lingüística apoiada pola vicepresidencia da Xunta e polo Concello de Santiago. Máis de once mil alumnos estudan galego para o traballo (Galicia Hoxe, 27/11/06)
11.355 alumnos fixeron o novo módulo de formación ocupacional sobre habilidades comunicativas en galego para o mundo laboral, que Política Lingüística e a Consellería de Traballo incorporaron ao programa de formación para traballadores.
|
principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...? |