|
Axenda Exames dos cursos de galego para non galegofalantes Do 29 de xaneiro ao 1 de febreiro desenvólvense as probas de comprensión e expresión, oral e escrita, para avaliar os estudantes da primeira quenda deste curso, que fornece os primeiros rudimentos da nosa lingua a persoas de fóra de Galicia http://www.usc.es/snl/forma/modeloexamenongal.htm.Segunda quenda dos cursos para non galegofalantes Do 12 de febreiro ao 1 de marzo poderaste matricular na segunda quenda dos cursos de lingua galega para non galegofalantes, pensados para aquelas persoas que carecen por completo de coñecementos desta lingua, por procederen de fóra de Galicia. http://www.usc.es/snl/forma/index.htm.Entrega dos II Premios á calidade en Psicoloxía Coincidindo cos actos de celebración do padroeiro da Facultade de Psicoloxía, farase entrega dos II Premios á calidade lingüística ás gañadoras Marta Abelleira Docobo e Iria Calleja Barcia, e presentarase os III Premios. http://www.usc.es/snl/dinamiza/calidade1.htm.
|
No concurso de adquisición de computadores para a Consellería do Medio Rural esíxese que traian instalado o sistema operativo e o paquete ofimático do Open Office na versión galega. Iso é executar un plan de normalización lingüística!
Na USC recíbense queixas porque intervencións públicas de cargos universitarios, carteis publicitarios, informes, comunicacións... e tamén computadores das aulas informáticas da USC seguen ignorando o galego e o RUG. Quousque tandem...? |
principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...? |