|
Ruxe Ruxe A Universidade de Vigo tamén vai ter un plan (Galicia Hoxe, 09/12/03)
A Universidade de Vigo comeza o traballo de elaboración dun Plan de política lingüística. O obxectivo é estender o galego a todos os ámbitos de funcionamento diario desta Universidade. Prevese que a fase de redacción sexa para o mes de maio. Xuntanzas para cumprir coa lei do galego no ensino (La Voz de Galicia, 15/01/04)
O decreto 274/95 que establece as materias que deben ser dadas en galego no ensino non universitario non se cumpre. Trala denuncia da Mesa, a Consellería de Educación conseguiu convencer seis profesores en Santiago para que cumpran coa lei. O Tesouro informatizado da lingua xa está na Rede (Vieiros, 07/01/04)
O Tesouro Informatizado da Lingua Galega é unha base de datos de máis de 11 millóns de rexistros escolmados de revistas e libros que agora o Instituto da Lingua Galega abre ao público. Pódese consultar na Rede: www.ti.usc.es/TILG/ Todas as titulacións tamén en éuscaro na UPV (Gaceta Universitaria, 01/12/03)
O obxectivo do terceiro Plan de Normalización Lingüística da Universidade do País Vasco é ofrecer a posibilidade de cursar estudios en éuscaro en todas as titulacións. O 41% dos alumnos da selectividade xa se examinaron en éuscaro ou na opción mixta.
|
principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...? |