Xaneiro do 2006
   Visita os números anteriores
Buscas


30/01/06 Curso de reciclaxe de lingua galega

06/01/06 Obradoiro de expresión oral en galego

06/02/06 Cursos para non galego falantes

21/07/06 Premios á calidade lingüística nos traballos académicos




O deporte de ler / Ler sobre deportes Biblioteca Básica do Deporte. Edicións Lea






 


Ruxe Ruxe

A nova versión do PHPBB en galego (Código Cero, 02/01/06)

O PHPBB é unha aplicación de código aberto que permite establecer comunidades virtuais con foros interactivos. Membros das CiberIrmandade da Fala son responsables da tradución oficial da versión 2.0.19. ao galego, e presentan a maiores no seu web un arquivo “paso a paso”.

A Xunta convida os empresarios a incorporaren a lingua (Galicia Hoxe, 14/01/06)

A secretaria xeral de Política Lingüística insistiu na necesidade de implicar a pequenas e grandes empresas de Galicia no uso do galego e propúxolles “un compromiso coa lingua que nos une e que constitúe o núcleo vital da nosa identidade".

Os test das oposicións serán unicamente en galego (Vieiros: galego.org, 26/12/05)

O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Xosé Luís Méndez Romeu, anunciou que nas vindeiras oposicións que convoque a Xunta, a proba que se formule como test terá os enunciados das preguntas unicamente en galego.

O Parlamento Europeo volve adiar a aceptación do galego (Vieiros: galego.org, 17/01/06)

En 2005 o goberno Zapatero chegou a un acordo coas institucións europeas para o uso limitado de galego, catalán e vasco na UE, o que foi ratificado xa polo Comité das Rexións e pola Comisión Europea, pero o Parlamento Europeo resístese á súa aprobación.

Atrévete a descubrir a túa verdadeira identidade (La Voz de Galicia, 17/12/06)

Unha campaña da Dirección Xeral de Xuventude coa estética de Matrix, animará o próximo trimestre os escolares a falaren galego sempre, sen vergoña e sen medo. O obxectivo é convencer o alumnado de que «non hai nada que non se poida facer en galego».

Voda con atraso por querela en galego (A Mesa, 21/01/06)

Unha parella de Pontevedra pode ver demorada a data do seu matrimonio por querer usar o galego na tramitación. A Mesa denuncia que a situación do galego nos Rexistros Civís é “calamitosa”.

Nivel de suficiencia para o PDI catalán (El Mundo, 30/01/06)

Para potenciar o catalán na Universidade (no 60%), a Generalitat esixirá o nivel de suficiencia no coñecemento do catalán na selección do PDI das universidades catalanas.



Imprimir

 

 

 

principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...?
 
©Servizo Normalización Lingüistica, Universidade de Santiago de Compostela. Correo electrónico: snlisa@usc.es