|
Axenda Curso de reciclaxe de lingua galega Comezan as clases deste Curso de reciclaxe, cuxo obxectivo é actualizar os coñecementos de lingua galega do PDI da Fac. de Económicas e Empresariais. Organiza a Comisión de Normalización Lingüística do centro. http://www.usc.es/cnleco/proxectos.htm.Obradoiro de expresión oral en galego Do 6 ao 20 de febreiro desenvolverase este Obradoiro que organiza a Comisión de Normalización Lingüística da Escola Politécnica Superior para o PDI. O prazo de matrícula, do 30 de xaneiro ao 2 de febreiro. http://web.lugo.usc.es/%7Ecnleps.Cursos para non galego falantes Abre o prazo para matricularse na segunda quenda dos Cursos de galego para non galegofalantes, ata o 24 de febreiro. Os cursos comezan o 1 de marzo en Historia (Santiago) e Veterinaria (Lugo) e finalizan o 5 de maio. Os exames, do 8 ao 12 de maio. http://ocartafol.usc.es/con_creto.asp?OCArtafol=23&Artigo=167.Premios á calidade lingüística nos traballos académicos Ata o 21 de xullo poderase presentar traballos académicos nas secretarías dos centros convocantes para que opten aos II Premios á calidade lingüística neste curso 2005-2006. http://www.usc.es/~snlus/dinamiza/calidade2.htm.
|
Na USC estudan uns 1500 alumnos de mobilidade, malia impartirse un 20% da docencia en galego. As universidades catalanas, que chegan ao 60% da docencia en catalán, son das universidades españolas máis demandadas polos estudantes estranxeiros.
A chegada de estudantes de fóra de Galicia está a afortalar vellos prexuízos lingüísticos entre moitos docentes. Cómpre desactivar eses prexuízos, asegurarlle un espazo á nosa lingua e seguir sendo destino de estudantes foráneos. |
principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...? |