Maio do 2006
   Visita os números anteriores
Buscas


19/96/06 Curso de lingua galega oral

05/07/06 Summer Courses on Galician Language

22/07/06 II Premios á calidade lingüística

30/09/06 I Premios de publicidade en galego Comunicándomos




Pescando na Rede Consellaría de Pesca e Asuntos Marítimos






 


Ruxe Ruxe

Software libre para traducir todas as linguas do Estado (Galicia Hoxe, 30/05/06)

Opentrad traducirá automaticamente entre español, galego, catalán e éuscaro, grazas á colaboración de Eleka Ingeniaritza Linguistikoa, Imaxin, Fundación Elhuyar, e as universidades do País Vasco, Alacant, UPC e de Vigo.

Os avogados esixen que coñecer e usar o galego sexa un deber (Galicia Hoxe, 23/05/06)

O presidente do Consello da Avogacía de Galicia esixiu onte que o novo Estatuto de Galicia recolla o dereito e o deber de coñecer e usar o galego sobre todo para os funcionarios. ¿De que vale usar o idioma galego se un xuíz non o entende?

O centro de galego de Rennes só organiza actos en castelán (La Voz de Galicia, 23/05/06)

A lectora de lingua galega en Rennes denunciou que o Centro Galego da Universidade de Rennes está a gastar os cartos destinados á promoción da lingua galega que saen da Secretaría de Política Lingüística na promoción do castelán.

Galescolas: ensino infantil en galego (Vieiros: galego.org, 16/05/06)

A Vicepresidencia vai por en marcha da Rede Galega de Escolas Infantís Galescola, que garantirá a 14.089 pequenas e pequenos de 0 a 3 anos o acceso público ao primeiro ciclo da educación infantil en galego para o vindeiro curso.

Despedírona dunha asesoría por falar galego (Galicia Hoxe, 13/05/06)

Esta muller denunciou que foi contratada en probas por unha asesoría na que lle recomendaron que falase en castelán. Como ela se dirixía en galego aos clientes que tamén lle falaban a ela neste idioma, despedírona.



Imprimir

 

 

 

principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...?
 
©Servizo Normalización Lingüistica, Universidade de Santiago de Compostela. Correo electrónico: snlisa@usc.es