|
Axenda Curso de lingua galega oral Diríxense ao PAS, especialmente ás persoas que atenden o público ou que necesiten empregar correctamente a lingua oral no traballo. Dura 20 horas e ao remate a USC e a Xunta de Galicia outorgan un certificado de asistencia. http://www.ti.usc.es/asp/benvidag.asp.Summer Courses on Galician Language Dirixido a estranxeiros e españois de fóra de Galicia, o seu fin é dar a oportunidade de familiarizarse coa lingua galega e coa realidade sociocultural de Galicia. Ademais das clases teóricas e prácticas hai excursións e visitas. http://www.usc.es/gl/cursos/cur_galextran.jsp.II Premios á calidade lingüística Ata o 22 de xullo poderás presentar traballos académicos nas secretarías dos centros convocantes para que opten aos II Premios á calidade lingüística neste curso 2005-2006. Hai dous premios de 300 e 200 euros por centro. http://www.usc.es/snl/dinamiza/calidade1.htm.I Premios de publicidade en galego Comunicándomos Ata o 30 de setembro, se es membro da comunidade universitaria da USC, poderás presentar unha proposta publicitaria artellada arredor dun lema en galego. Podes gañar ata 500 euros en metálico! http://www.usc.es/snl/dinamiza/publicidade.htm.
|
Cada día aparecen novas aplicacións informáticas en galego, en boa parte debidas á iniciativa de usuarios de toda Galicia. Agora contarase tamén co apoio institucional da Xunta, tanto para aumentar o seu número e garantir a súa calidade.
Pero cómpre difusión e implantación. A USC debe segundo o PNL proporcionarlle a toda a comunidade universitaria todos os produtos informáticos en e para o galego nos seus ordenadores dos despachos e das aulas informáticas. |
principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...? |