Maio do 2006
   Visita os números anteriores
Buscas


19/96/06 Curso de lingua galega oral

05/07/06 Summer Courses on Galician Language

22/07/06 II Premios á calidade lingüística

30/09/06 I Premios de publicidade en galego Comunicándomos




Pescando na Rede Consellaría de Pesca e Asuntos Marítimos






 


¿Sabías que...?

O parágrafo

Na escrita, o parágrafo é cada anaco dun escrito que se considera suficientemente diferenciada do resto para separalo cun punto e á parte. O parágrafo serve para estruturar lo contido do texto e para mostrar formalmente esta organización. Á parte disto, unha boa distribución dos parágrafos invitarannos á lectura da páxina. Cassany, en La cocina de la escritura, recomenda flexiblemente que unha páxina teña entre tres e oito parágrafos e cada un deles teña tres ou catro frases. Esta recomendación, por suposto, débese considerar nada máis que como unha referencia do que debe ser unha páxina ben estruturada.


A racionalización do tamaño dos parágrafos debe ocuparnos certo tempo. Non debemos pensar que é unha tarefa inútil a súa reestruturación; sorprenderanos a mellora visual e na configuración dos contidos que lograremos ao facelo.


O parágrafo por diante


Se temos en conta o comezo da primeira liña dos parágrafos, podemos diferenciar tres estilos principais. O que máis se utiliza hoxe (o moderno) é o que se marca cun maior espazo entre parágrafos, isto non quere dicir que o que sangra a primeira liña non se utilice con certo hábito. O que si debemos ter claro é que non se debe combinar as dúas marcas de cambio de parágrafo, é dicir, sangrar a primeira liña ao tempo que se separan os parágrafos cun espazo maior entre uns e outros.



        Por máis que sexan obra humana, hai cidades que son naturais. Responden a regras do azar e, ou, necesidade, pero dentro dunha economía do natural. Santiago non. Santiago non é natural. Non responde... Non hai recursos materiais que xustifiquen un asentamento, nin mar nin río nin veiga.


       Non é natural gravar un labirinto na pedra...


                             Unha pouca cinza, Suso de Toro


• Parágrafo corrente: leva unha sangría na primeira liña. Non leva espazado posterior, pois enténdese que a sangría é xa unha marca de cambio de parágrafo.



          Por máis que sexan obra humana, hai cidades que son naturais. Responden a regras do azar e, ou, necesidade, pero dentro dunha economía do natural. Santiago non. Santiago non é natural. Non responde... Non hai recursos materiais que xustifiquen un asentamento, nin mar nin río nin veiga.
           Non é natural gravar un labirinto na pedra...


                                           Unha pouca cinza, Suso de Toro


• Parágrafo moderno: non leva sangría ningunha. Entre parágrafo e parágrafo debe levar un espazo maior ca o interliñado normal, normalmente un 50% máis. Deste xeito se estamos a escribir cun corpo de doce puntos o interliñado entre parágrafos debe ser de polo menos dezaoito. Isto ten que ser así pois se un parágrafo remata ao final de liña non saberiamos distinguir se hai un punto e á parte ou un punto e seguido.



Por máis que sexan obra humana, hai cidades que son naturais. Responden a regras do azar e, ou, necesidade, pero dentro dunha economía do natural. Santiago non. Santiago non é natural. Non responde... Non hai recursos materiais que xustifiquen un asentamento, nin mar nin río nin veiga.


Non é natural gravar un labirinto na pedra...


                                 Unha pouca cinza, Suso de Toro


• Parágrafo francés: sángranse todas as liñas agás a primeira. Úsase sobre todo en bibliografías e en textos moi particulares como dicionarios, obras de teatro, etc. Este tipo de parágrafo tampouco leva espazos entre parágrafos.


O parágrafo por detrás


Se clasificamos os parágrafos pola composición, temos catro tipos: a composición xustificada na que todas as palabras rematan á mesma distancia dos bordos da páxina; a centrada, onde o que determina a composición do parágrafo é que toma o centro da páxina como referencia estendéndose cara aos bordos segundo sexa a extensión da liña e as composicións en bandeira, que poden ser aliñadas pola esquerda ou pola dereita As máis utilizadas son as dúas primeiras destas catro mostras (a xustificada e a aliñada pola esquerda). As outras dúas composicións empréganse para partes excepcionais do documento, pero non para o formato normal.


(Tirado do (breve) Manual de estilo universitario)



Imprimir

 

 

 

 

principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...?
 
©Servizo Normalización Lingüistica, Universidade de Santiago de Compostela. Correo electrónico: snlisa@usc.es