Xaneiro do 2007
   Visita os números anteriores
Buscas


05/03/07 Cursos para non galegofalantes

22/03/07 Premios á calidade lingüística na EPS

24/03/07 Lingua oral, iniciación e perfeccionamento




Novo web da Secretaría Xeral de Política Lingüística http://www.xunta.es/linguagalega/






 


Ruxe Ruxe

A Unesco lembra a necesidade de normalizar as linguas maternas (Vieiros, 21/02/07)

A Unesco celebra cada 21 de febreiro o Día Internacional da Lingua Materna lembrando a necesidade dun mundo plurilingüe, onde o uso de todas as linguas sexa normal.

Certificados de calidade e lingua para a empresa vasca (Vieiros-galego.org, 22/02/07)

O plan para a normalización do eusquera no ámbito laboral, inclúe un certificado con tres niveis, segundo o grao de introdución do éuscaro na empresa, que asocia lingua vasca, calidade, excelencia e innovación no ámbito empresarial.

Sen atrancos no uso do galego (El Correo Gallego, 20/02/07)

A Comisión Interdepartamental de Normalización Linguística da Xunta deberá aprobar os plans de normalización de cada organismo da administración autonómica así como a normativa de usos lingüísticos da Xunta de Galicia.

Vueling, a primeira compañía con voos en galego (de luns a venres, 01/02/07)

A compañía aérea Vueling é a primeira aeroliña que permite facer todas as xestións necesarias en galego no seu web, xunto co inglés, francés, italiano, holandés e portugués.

O hotel Louxo galeguizarase co topónimo oficial da Toxa (La Voz de Galicia, 24/021/07)

O hotel Louxo asegura que non había unha norma en contra do uso do galego, e anunciou que comezará a normalizar o uso da lingua propia nas súas instalacións e servizos, comezando pola galeguización do propio nome do hotel, Louxo-A Toxa.

Temos todo por dicir (Galicia Hoxe, 23/01/07)

Primeira campaña global da Xunta de Galicia para promover unha imaxe actual, moderna e de prestixio do galego na mocidade, a educación, a transmisión familiar, o comercio e a empresa, a creación artística, a sanidade, o mundo do dereito e as novas tecnoloxías.

O galego, só media hora nas emisións da TVE (A Nosa Terra, 22/01/07)

TVE incumpriu a súa promesa de non reducir as horas de emisión en galego. A partir deste mes a TVE xa só emite o informativo das 14 horas na nosa lingua. Dende o pasado verán o ente público vén reducindo o uso do galego nun 75%.

O tradutor Es-Ga chega a 136 puntos da Administración (Galicia Hoxe, 31/01/07)

A Secretaría Xeral de Política Lingüística está a distribuír o tradutor castelán-galego en 136 puntos da Administración periférica do Estado en Galicia para facilitar a súa galeguización e que os cidadáns poidan exercer os seus dereitos lingüísticos.



Imprimir

 

 

 

principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...?
 
©Servizo Normalización Lingüistica, Universidade de Santiago de Compostela. Correo electrónico: snlisa@usc.es