|
Axenda Cursos para non galegofalantes O 5 de marzo comezan ás 8:00 da mañá na Facultade de Xeografía (Santiago) e na de Administración e Dirección de Empresas (Lugo) os cursos de lingua galega para non galegofalantes que carecen por completo de coñecementos desta lingua. http://www.usc.es/snl/forma/index.htm.Premios á calidade lingüística na EPS Coincidindo cos actos que haberá na EPS co gallo da celebración do Día da Árbore), farase entrega dos premios á calidade lingüística nos traballos académicos conseguidos o pasado curso, así como a presentación da nova edición deste concurso. http://www.usc.es/snl/dinamiza/calidade1.htm.Lingua oral, iniciación e perfeccionamento A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca cursos de lingua galega oral, de iniciación e de perfeccionamento, tanto en Galicia como fóra da comunidade autónoma. Poden solicitar a asistencia a eles particulares e colectivos. http://www.xunta.es/dog/Dog2007.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/7b7b2545a6947f82c125728a0054f270/$FILE/03900D001P008.PDF.
|
Co consenso dos tres grupos políticos parlamentarios aprobouse o Plan Xeral de Normalización Lingüística e, agora, o decreto para o ensino non universitario co que o vindeiro curso se impartirá, como mínimo, tanta docencia en galego como en castelán.
Na USC gobernan arestora os tres principais grupos de PDI. Houbo consenso para aprobar o noso Plan de Normalización Lingüística. Debería habelo tamén para cumprilo e procurarmos que o uso do galego na docencia aumente, e de xeito proporcionado. |
principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...? |