|
Ruxe Ruxe Galiza crea un idioma universal de xestos (A Nosa Terra, 27/04/09)
A Universidade de Santiago, xunto coas de Vigo e Braga (CEH-UMinho), está a traballar no proxecto Yogote. Trátase de crear unha metodoloxía de comunicación e aprendizaxe de idiomas a partir de movementos xestuais das mans. O éuscaro ten máis falantes (A Nosa Terra, 27/04/09)
O último Mapa Sociolingüístico de Euskadi confirma todas as tendencias que apuntaban os estudos anteriores, cada vez son máis as persoas que falan euskera. En galego. Pásao...! será o lema do Correlingua (Galicia Hoxe, 25/04/09) Esta iniciativa está promovida dende o ano 2000 pola AS_PG, a CIG-Ensino, A Mesa pola Normalización Lingüística, mais os concellos de Lugo, Pontevedra, Compostela e Vigo A UE insiste na necesidade de defender a lingua galega (xornal, 24/04/09) O Comisario para o Multilingüismo da Unión Europea di que, tendo en conta as competencias da Comisión, está a defender e promocionar todas as linguas faladas na UE, tanto as oficiais como as outras. As próximas oposicións á Xunta poderanse facerse en castelán (Galicia Hoxe, 24/04/09) Alberto Núñez Feijóo asegurou onte que as próximas oposicións á Xunta se poderán realizar só en castelán para sustentar que en Galicia existe un bilingüismo amable e cordial. As APAs ven lamentábel suprimir o decreto do galego (A Nosa Terra, 24/04/09)
A Confederación Galega de APAs de Centros Públicos considerou lamentaable o reiterado anuncio da derrogación do decreto que regula o 50 por cento de materias impartidas en galego no ensino, xa que se trata de algo primordial. Os bebés de fogares bilingües distinguen un terceiro idioma (El Correo Gallego, 24/04/09)
Aos 4 meses os bebés xa distinguen dúas linguas. E se son bilingües, incluso unha terceira, segundo a psicóloga Nuria Sebastián IX Simposio de Psicolingüística da USC. Porén, un bebé monolingüe non nota aa diferenza. Os ENL solicitan unha xuntanza con Feijoo (Vieiros, 20/04/09) A Coordinadora Galega de EDNL, que agrupa 400 equipos de centros educativos públicos e privados de todo o país, solicitou a entrevista por seren axentes fundamentais no deseño de programas relacionados coa lingua. Os galegofalantes son os únicos amábeis lingüisticamente (Vieiros, 17/04/09)
Segundo as conclusións da Semana Galega de Filosofía de Pontevedra os únicos amábeis lingüisticamente (e tal vez axiña os únicos bilingües) somos os instalados no galego, pois somos quen de sentirnos cómodos tamén en castelán, e somos tolerantes e dialogantes.
|
principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...? |