|
Axenda Premios Concello de Carballo a artigos xornalísticos A publicación do artigo gañador en varios medios escritos e 1200 euros é o premio deste certame, ao que calquera que o desexe pode concorrer cun artigo relacionado coa lingua galega, de 2500-3500 caracteres, que cómpre presentar ata o 8 de maio. http://www.carballo.org. III Concurso «Lingua de amor» O Consello da Xuventude de Galicia convoca a terceira edición do concurso «Lingua de Amor», con dúas modalidade: declaracións de amor e cancións de amor en lingua galega, para 2 categorías, 14-19 anos e 20- 35 anos. http://www.linguadeamor.eu/. As túas palabras preferidas O Concello de Teo anima a elixir as túas tres palabras preferidas do idioma galego. As palabras máis votadas antes do 15 de maio serán recoñecidas cun mural que se fará o 17 de maio. Hai premio para todos os participantes. III Certame de recolla da tradición oral galego-portuguesa Pretende recoller mostras dos saberes de persoas ou colectivos que poidan ser considerados «tesouros vivos do patrimonio galego-portugués». Entre as cinco categorías de premios, unha específica para Universidade. http://pontenasondas.org/.Obradoiro de presentacións didácticas eficientes para PDI Comeza en Psicoloxía este curso do Programa de Formación e Innovación Docente para o PDI, de 34 horas, para aprender a utilizar as presentacións para comunicar mellor. O prazo de matrícula remata o 1 de xuño. http://matricula.usc.es/cursos/pfid/. Obradoiro de elaboración de unidades didácticas para PDI Comeza na EPS este curso do Programa de Formación e Innovación Docente para o PDI, de 45 horas, para aprender a elaborar unidades didácticas . O prazo de matrícula remata o 5 de xuño. http://matricula.usc.es/cursos/pfid/. Remata a inscrición nos cursos preparatorios dos CELGA O 20 de xuño remata o prazo de inscrición na segunda quenda de cursos preparatorios dos exames para obter o Certificado de Lingua Galega (Celga). En xullo e agosto desenvolveranse 40 cursos para preparar os Celga 1, 2, 3 e 4. http://xunta.es/linguagalega/noticias/celga. Obradoiro de expresión oral en galego I para PDI Na Facultade de Veterinaria comeza este curso do Programa de Formación e Innovación Docente para o PDI, de 20 horas. O prazo de inscrición remata o 16 de xuño. http://matricula.usc.es/cursos/pfid/. Premios á calidade e á excelencia lingüística Ata o 24 de xullo de 2009 teñen de prazo aqueles estudantes que queiran presentar os seus traballos académicos redactados en lingua galega aos V Premios á calidade e á excelencia lingüistica. http://www.usc.es/snl/dinamiza/calidade1.htm. Premios «Comunicándomos» de publicidade en galego Se es estudante da USC, poderás presentar unha proposta publicitaria artellada arredor dun lema en galego ata o 24 de xullo. Podes gañar ata 500 euros en metálico! http://www.usc.es/snl/dinamiza/publicidade.htm. Correlingua 2009 en Santiago «En galego. Pásao». Este é o lema co que sairá ás 11:30 sae da Alameda a carreira non competitiva a prol do idioma dos rapaces e rapazas de ensino non universitario. Os animadores do acto serán o grupo Chévere e Fantoche Baj. Correlingua 2009 en Lugo «En galego. Pásao». Este é o lema co que sairá ás 11:00 da Praza de Santa María a carreira non competitiva a prol do idioma dos rapaces e rapazas de ensino non universitario, con animación do grupo Chévere. http://www.correlingua.org. Manifestación: O galego, a nosa columna vertebral Ás 12:00 h dende a Alameda de Santiago de Compostela sairá a manifestación que convoca a Mesa pola Normalización Lingüística en defensa da nosa lingua baixo o lema «O galego, a nosa columna vertebral». Podes asinar o manifesto na seguinte ligazón. http://www.amesanl.org/campanhas/convivenciaeigualdade.htm.
|
|
principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...? |