|
Ruxe Ruxe Folga no ensino polo incumprimento do decreto de uso do galego (Galicia Hoxe, 28/04/04) A Mesa convocou o 28 de abril unha folga no ensino en demanda do cumprimento do decreto 247/95. Reclámaselle á Xunta a entrega gratuíta dos libros de texto en galego a todos os centros educativos, que nun 75% incumpren en primaria o uso mínimo esixido. Aumentan os falantes de catalán e superan a metade da poboación (Vieiros, 26/04/04)
O 50,1% dos cataláns considera o catalán a súa lingua habitual, segundo a Estadística sobre os usos lingüísticos en Cataluña 2003 que presentou o Govern da Generalitat. Desta porcentaxe, só un 40,4% o tivo como lingua inicial, o que supón un avance no uso. Coñeceremos o primeiro Plan Xeral de Normalización lingüística (La Voz de Galicia, 20/04/04)
O conselleiro de Educación anuncia a presentación do Plan de Normalización Lingüística para antes de agosto, sen confirmar unha data nin precisar os seus contidos. A Xunta leva traballando neste Plan, reclamado por distintos colectivos e formacións, desde hai dous anos. O Senado falará en galego, vasco e catalán (Galicia Hoxe, 27/04/04)
Javier Rojo, presidente do Senado, anunciou o encargo dun informe técnico e económico para introducir no funcionamento da Cámara Alta as linguas cooficiais. O seu uso ordinario reflectiría a medio prazo unha "nova realidade das comunidades", asegurou. Considérase oficialización das linguas españolas na UE (Vieiros, 26/04/04)
O PSOE atenderá as reclamacións dos partidos nacionalistas para que o galego, o catalán e o eusquera sexan recoñecidos como linguas oficiais na Unión Europea, ben modificando a Constitución, ben ampliando o catálogo de linguas oficiais na UE. Preséntase o Correlingua 2004 (Correlingua, 30/04/04)
35.000 alumnos participarán na 7ªedición de Correlingua, o conxunto de carreiras non competitivas que percorrerán as cidades e vilas do país a prol da lingua. Este ano, ademais, realizaranse outras actividades paralelas de promoción e reflexión sobre o galego.
|
principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...? |