|
Ruxe Ruxe Pola metade da escola na nosa lingua (Galicia-Hoxe, 01/06/06)
Algo máis da metade das materias escolares de Primaria se imparten en galego, segundo a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, quen insistiu en que se intensificará o labor da inspecció e de elaboración de materiais multimedia en galego. Senén Barro cre que se pode esixir o galego a científicos (La Voz de Galicia, 06/06/06)
O reitor compostelán apostou por que o Estatuto recoñeza o deber de coñecer o idioma propio de Galicia, e considerou que «cabería esixirlles» aos investigadores foráneos que pasen longas tempadas en Galicia o coñecemento do galego. Xuíces e fiscais rexeitan que os obriguen a saber galego (La Voz de Galicia, 16/06/06)
Admiten que o uso do galego na Administración xudicial é case anecdótico. Mais non admiten que se regule o coñecemento do galego como un mérito preferente para ser fiscal en Galicia, e propoñen que se valore como un mérito máis. A Asociación PuntoGal presentouse na Real Academia (Vieiros, 13/06/06)
As doce entidades promotoras do PuntoGal constituironse como asociación co obxectivo de conseguir para a lingua e a cultura de Galicia un dominio propio en Internet. Faltas a esgalla no galego das probas de selectividade (Galicia-Hoxe, 17/06/06)
As versións en galego dos exames de selectividade estaban inzadas de faltas, cando os erros baixan a nota. Ademais, os 12 textos de filosofía presentábanse só en castelán, cando Filosofía é unha das materias que se deben impartir en galego por lei. Anuncian a tradución do programa Libra (Galicia Hoxe, 27/06/06)
Política Lingüística axilizará a tradución ao galego do programa informático Libra, utilizado nas oficinas xudiciais. A situación do galego neste ámbito non é a ideal, polas reticencias dos propios profesionais do sector para empregaren o idioma. O Parlamento Europeo comunicarase por escrito en galego (Vieiros, 04/07/06)
Os cidadáns galegos, cataláns e vascos por fin poderán enviarlle os seus escritos ao Parlamento europeo escritos nas súas respectivas linguas, e terán dereito a recibir resposta escrita tamén na súa propia lingua.
|
principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...? |