Xulio do 2006
   Visita os números anteriores
Buscas


05/07/06 Summer Courses on Galician Language

22/07/06 II Premios á calidade lingüística

30/09/06 Comunicándomos: I Premios de publicidade en galego




O Dicionario galego de televisión

Pazó Fernández, E. (2005) CIRP


 


Axenda

Summer Courses on Galician Language

Dirixido a estranxeiros e españois de fóra de Galicia, o seu fin é dar a oportunidade de familiarizarse coa lingua galega e coa realidade sociocultural de Galicia. Ademais das clases teóricas e prácticas hai excursións e visitas.

http://www.usc.es/gl/cursos/cur_galextran.jsp.

II Premios á calidade lingüística

Ata o 22 de xullo, se es estudante de 1º ou 2º ciclo poderás presentar traballos académicos aos II Premios á calidade lingüística neste curso 2005-2006. Hai dous premios de 300 e 200 euros por centro convocante.

http://www.usc.es/snl/dinamiza/calidade1.htm.

Comunicándomos: I Premios de publicidade en galego

Ata o 30 de setembro, se es membro da comunidade universitaria da USC, poderás presentar unha proposta publicitaria artellada arredor dun lema en galego. Podes gañar ata 500 euros en metálico!

http://www.usc.es/snl/dinamiza/publicidade.htm.


Imprimir

 

 

A universidade en xeral, e a USC en particular, están mergulladas en procesos de mellora de calidade, en diversos eidos: a docencia, a investigación, a imaxe, a comunicación... que se pretenden transmitir a toda a comunidade universitaria.

O desleixo na lingua dos exames de selectividade non vén a xeito coa calidade. Na casa do ferreiro...  Os estudantes que prefiren a versión en galego, non teñen dereito á calidade? Aprobará a universidade galega a selectividade en setembro?


Imprimir

 

principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...?
 
©Servizo Normalización Lingüistica, Universidade de Santiago de Compostela. Correo electrónico: snlisa@usc.es