Conclúe a VII Edición do programa de visitas dirixidas a alumnos de segundo curso de bacharelato.
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Entre os dias 18 e o 29 de novembro de 2019, o CiQUS celebrou a VII Edición das súas xornadas 'Investigación en química: ciencia creativa para un mundo mellor'; unha actividade especificamente dirixida a alumnos de segundo curso de bacharelato matriculados na materia de Química, que ten como obxectivo achegar aos estudantes unha visión actual e atractiva da investigación en Química, dar a coñecer a importancia desta ciencia no desenvolvemento científico e tecnolóxico a nivel global, e amosar a actividade cotiá nun moderno centro de investigación.
Ao longo das dúas últimas semanas de novembro o centro recibiu a visita de 27 centros procedentes de toda Galicia, deixando un total de máis de 550 alumnos e preto de 50 profesores participantes na edición 2019 destas xorrnadas de divulgación, que contaron co apoio de maís de 60 investigadores do CiQUS.
O programa de visitas serviu tamén para poñer en valor contribución e o liderado do CiQUS no desenvolvemento e avance da ciencia desde a comunidade autónoma galega, unha institución recoñecida pola Xunta de Galicia coa acreditación como Centro Singular de Investigación do Sistema Universitario de Galicia (SUG).
As actividades desenvolvéronse en quendas de mañá e de tarde en grupos de 30 alumnos, e nelas o alumnado puido disfrutar dun extenso e variado programa, que incluiu os seguintes apartados:
- A investigación no CiQUS
- Explicación das principais liñas e traballo que se desenvolven no centro.
- O laboratorio de Química
- Desenvolvemento dun sinxelo experimento de síntese no laboratorio por parte dos propios alumnos, supervisados por persoal especializado.
- A instrumentación científica
- Visita guiada ás instalacións que albergan algúns dos sofisticados equipos que se empregan para o análise, estudo estrutural e/o manipulación en condicións especiais dos compostos químicos e materiais.
- A maxia da Química
- Obradoiro de experimentos e demostracións químicas e físicas.
- A Química como profesión: oportunidades do mercado profesional
- Mesa redonda con investigadores novos sobre o camiño profesional unha vez finalizados os estudos universitarios de grao.