|
Axenda Unha imaxe para o galego Pecha o prazo para presentar propostas de fotografía ou vídeo a este concurso con que Vieiros celebra o Día das Letras Galegas. http://www.vieiros.com/unha-imaxe-para-o-galego/. Sociedades plurilingües: da identidade á diversidade O Consello da Cultura Galega organiza o foro de debate Sociedades plurilingües: da identidade á diversidade o 19 e 20 de xuño. Expertos de diferentes universidades europeas reflexionarán sobre a problemática actual do galego. http://consellodacultura.org/?page_id=486. Universidades, dereito e pluralismo lingüístico Curso dirixido ao PDI da Facultade de Dereito, incluído no PFID. Achegar experiencias comparadas sobre o uso das linguas cooficiais na docencia e a investigación no campo xurídico é o obxectivo deste curso que se desenvolverá o 26 e 27 de xuño. . III Premios de publicidade en galego «Comunicándomos» Ata o 30 de xuño, se es estudante da USC, poderás presentar unha proposta publicitaria artellada arredor dun lema en galego. Podes gañar ata 500 euros en metálico! http://www.usc.es/snl/dinamiza/publicidade.htm. IV Premios de calidade e excelencia lingüística Ata o 24 de xullo de 2008 teñen de prazo aqueles estudantes que queiran presentar os seus traballos académicos redactados en lingua galega aos IV Premios á calidade e á excelencia lingüistica. http://www.usc.es/snl/dinamiza/calidade1.htm. Occitània a pè O 30 de agosto comeza nos vales occitanos do Piemonte unha ruta a pé que chega o 7 de novembro ao Val de Arán nos Pireneos: 1300 km en 70 xorndas de viaxe para reivindicar a lingua de Òc como patrimonio mundial da humanidade. http://www.chambradoc.it/chambradochome.page. Inscrición nas probas dos Celga Para participar nas probas para a obtención dos certificados de coñecemento de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4 na quenda de novembro, cómpre inscribirse antes do 19 de setembro. http://xunta.es/linguagalega/probas_celga. Inscrición nos cursos de linguaxe administrativa A Consellería de Educación e a Secretaría Xeral de Política Lingüística convocan cursos de linguaxe administrativa galega, de nivel medio e superior. Para inscribirse na segunda quenda dos cursos (en outubro) o prazo remata o 20 de setembro. http://www.xunta.es/dog/Dog2008.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/b0c7869283c94291c12573e70055b3c6/$FILE/02700D004P012.PDF. V Premios Luísa Villalta Remata o prazo para presentar traballos a concurso: ou ben unha proposta de campaña de normalización lingüística, ou ben un artigo xornalístico sobre o tema. http://www.udc.es/snl/convocatoriaspdf/PremioLuisaVillalta_2008.pdf.
|
Aos aspirantes a secretarios, tesoureiros e interventores de concellos galegos requeriráselles que acrediten o seu coñecemento de galego á hora de participaren nos procesos de selección, tal e como se recollía no PXNL.
Do Plan xeral de normalización da lingua galega segue pendente esixir capacidade lingüística no acceso e desempeño da función xudicial. É moi necesario para garantir con plenitude os dereitos lingüísticos da cidadanía no ámbito da Xustiza. |
principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...? |