Abril do 2003
   Visita os números anteriores
Buscas


02/04/03 Táboa redonda sobre o Plan Xeral de Normalización Lingüística

09/04/03 Táboa redonda: a Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos

09/04/03 Iniciación e perfeccionamento no Concello de Santiago

25/04/03 Concurso: logotipo para as cnl

25/04/03 Concurso en Bioloxía: deseño gráfico + lema




Breviarios, O saber de peto

Eds. Laiovento e Lóstrego


 


Deseña para o galego e gaña para ti


Actualmente hai convocados dous premios de deseño gráfico na USC: un, para toda a Universidade, co obxecto de fornecerlles un logotipo común ás comisións de normalización lingüística; outro, para o ámbito da Facultade de Bioloxía, co obxecto de ilustrar unha campaña de promoción da súa Comisión de Normalización.

O primeiro está convocado pola USC, a través do Servicio de Normalización Lingüística, e co apoio económico da Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Trátase de que as actuacións que levan adiante estas comisións se identifiquen mediante unha imaxe gráfica idéntica para todas, e que, ademais, se poida personalizar para cada unha delas. Así, os carteis, os vocabularios, os disquetes, os adhesivos, a papelería ou calquera outro soporte que plasme as accións dunha comisión non só ficarán ben identificados en canto á súa autoría, senón que transmitirán a sensación de conxunto e de unidade do proceso de normalización do galego na Universidade de Santiago.

O premio deste concurso consiste en 800 €, e será outorgado por un xurado integrado polo secretario xeral da USC, o director do Servicio de Normalización Lingüística, tres representantes das cnl e mais un especialista en deseño gráfico e comunicación. O dictame do xurado emitirase o 9 de maio deste ano que andamos.

Ó concurso poderá presentarse calquera membro da comunidade universitaria, que deberá entregar a súa proposta en papel e en formato dixital (TIF).

Por outra banda, a Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Bioloxía tamén convoca, co apoio do SNL da Universidade e da Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta, un concurso de deseño gráfico con lema para ilustrar unha campaña publicitaria en tres tipos de soportes (carteis, dípticos e autocolantes). A campaña busca dar a coñecer a existencia da devandita Comisión de Bioloxía no seo da facultade, así como promover as actitudes positivas cara ó uso do galego entre o seu alumnado, profesorado e persoal investigador, e PAS.

Desta volta a posibilidade de participar restrínxese ós membros da comunidade universitaria que estudien ou traballen na Facultade de Bioloxía.

Este concurso de deseño gráfico baixo lema ten un único premio de 500 € en libros. O xurado, formado por membros da Comisión de Normalización de Bioloxía, o decano da facultade, e un representante do SNL, fará público o seu dictame o 16 de maio. A entrega do premio terá lugar en xuño, nun acto académico con motivo do día mundial do ambiente, xunto coa presentación da campaña.

Ámbolos concursos pechan o prazo para presentar traballos o 25 de abril de 2003. Pódese obter toda a información sobre os dous certames na páxina web do Servicio de Normalización Lingüística <http://www.usc.es/snlus>.

 


Imprimir
Noutros números:

Os concursos de deseño gráfico, a punto


Ciencias da Educación e a lingua galega (I)


Ciencias da Educación e a lingua galega (II)


EuroCom: Aprender as linguas europeas simultaneamente


É natural: a bioloxía tamén fala galego


Exposición dos deseños gráficos a prol da lingua


A lingua galega nos novos Estatutos (I)


A lingua galega nos novos Estatutos (II)


Nace USC-LEXITERM, a rolda terminolóxica da USC


Previsións de uso do galego na docencia no curso 03-04


Remataron os cursos do SNL para os alumnos e as alumnas da USC


Novas tecnoloxías, innovación educativa e galego


O 17,6% da docencia da USC impartirase en galego neste curso


Ensinar a través da Rede e en galego


Cursos de lingua na USC


A reforma das normas (por Ernesto G. Seoane)


Execución do Plan de Normalización no curso 03-04


Teses en galego: proba sen obstáculos


Polémica sobre o cumprimento da Carta europea das linguas


Só 9 titulacións cumpren o modelo lingüístico da USC


Seminario para a dinamización lingüística na USC


O galego no web da USC


Novo, urbano e universitario = menos galego


Seminario para a dinamización “Temos un plan”


Reunión das comisións de normalización


Investigar en galego, cum laude


O Plan de Normalización, en papel


19 departamentos, 0% galego na docencia


Solicitudes das cnl de axuda económica


Deseños a prol da lingua


O galego segundo a mocidade


Normalización, tamén na programación plurianual


Apoio aos traballos de investigación en galego


Novas aplicacións informáticas en galego


A reforma das Normas, gañando terreo


Corpus Paralelo CLUVI: una nova ferramenta para a tradución


bUSCatermos, a ferramenta terminolóxica para o galego na USC


Os traballiños das comisións en 2004


 

principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...?
 
©Servizo Normalización Lingüistica, Universidade de Santiago de Compostela. Correo electrónico: snlisa@usc.es