Abril do 2003
   Visita os números anteriores
Buscas


02/04/03 Táboa redonda sobre o Plan Xeral de Normalización Lingüística

09/04/03 Táboa redonda: a Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos

09/04/03 Iniciación e perfeccionamento no Concello de Santiago

25/04/03 Concurso: logotipo para as cnl

25/04/03 Concurso en Bioloxía: deseño gráfico + lema




Breviarios, O saber de peto Eds. Laiovento e Lóstrego






 


Ruxe Ruxe

O BNG proponlle ó Goberno editar en galego os boletos dos xogos (Vieiros. Galego.org, 16/03/03)

O BNG instou ó Goberno español a que edite en galego os boletos de lotería nacional que se distribúen en Galicia, tal e como se recollía nunha proposición non de lei aprobada no Parlamento galego o pasado outubro.

A Mesa pide a implicación da TVG na dobraxe de dúas estreas (O Correo Galego, 14/03/03)

Shin-Chan e a procura das bólas perdidas e mais Doraemon e o Imperio Maia hanse estrear o vindeiro verán nas pantallas galegas. A Mesa pretende que as dúas fitas dispoñan dunha versión en galego, para o cal solicitan a implicación da TVG.

Ferrol conta xa cun plan de normalización propio (La Voz de Galicia, 14/03/03)

Ferrol é a segunda cidade de Galicia en contar cun plan de normalización de seu. O plan, aprobado polo Consello Municipal da Lingua, foi ratificado por unanimidade no Pleno, dado o consenso con tódolos sectores na súa elaboración.

O galego, dende a Rede ás aulas (A Nosa Terra, )

Ciberlingua é un proxecto de normalización lingüística de galego21, para levar as tecnoloxías da información a profesores, pais e escolares. Non só é un proxecto de formación; tamén pretende crear materiais didácticos para a Rede.

Investigan en Santiago por qué non se ensina en galego (La Voz de Galicia, 07/03/03)

A Coordinadora Comarcal de Equipos de Normalización Lingüística de centros non universitarios de Santiago, está a investigar os motivos de que non se ensinen en galego as materias que indica a lei: ciencias sociais e naturais, tecnoloxía e a optativa de cada centro.



Imprimir

 

 

 

principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...?
 
©Servizo Normalización Lingüistica, Universidade de Santiago de Compostela. Correo electrónico: snlisa@usc.es