
Biblos Club http://www.biblosclube.com levará os libros galegos ós nosos fogares. Funciona como un club de socios, que recibirán información bimensual sobre as novidades editoriais galegas e portuguesas, co compromiso dunha cota anual e da merca dun libro cada dous meses.
Unha mágoa: o único xornal que había en eusquera, Euskaldunon Egunkaria, foi pechado por mandado xudicial o pasado febreiro. Mais a activa sociedade vasca xa foi quen de dotarse cun novo medio de comunicación propio: Egunero.
|