|
Pasa a folla Breviarios, O saber de peto Coleccións para a divulgación científica e cultural en galego Sempre cómpre saudar como unha boa nova o feito de que o galego se vaia asentando nun oco do mercado editorial no que a súa presencia era escasa, e se por riba ese oco está vinculado a ámbitos científicos e tecnolóxicos desde o Servicio de Normalización da USC (1) e desde unha publicación como O Cartafol temos que congratularnos especialmente dese feito. Este limiar vén a conto porque hoxe queremos presentarvos dúas coleccións que cumpren esas condicións: trátase de series de monografías divulgativas que poñen nas nosas mans nun formato moi manexable e a un prezo inferior a 5 euros, unha panorámica actualizada sobre cuestións concretas de áreas tan diversas como política internacional, ecoloxía, enxeñería xenética, belas artes ou economía. A primeira delas é a colección "Breviarios" (Ed. Laiovento) (2), dentro da cal se publicaron entre 1995 e 1998 títulos como:
Despois de catro anos de silencio nos que a colección pareceu esmorecer, no pasado ano 2002, reviviu con novos pulos e deu ó prelo tres títulos centrados en historia de Galicia (O agrarismo galego, de Carlos Velasco Souto), literatura (A novela policial: unha historia política, de Xesús González Gómez) e enxeñería xenética (A quimera do xenoma humano, de Richard Charles Lewontin). Unha iniciativa semellante a esta é a que desde o ano 2000 leva adiante a editorial Lóstrego a través da colección "O saber de peto". Gracias a ela neste trienio viron a luz doce pequenas monografías sobre:
Evidentemente, traballos coma estes non cobren -tampouco o pretenden- as necesidades dos expertos das diversas áreas de estudio, pero si son unha útil vía de achegamento para o lector medio que busca información xeral sobre determinados temas, ben para realizar a partir de aí afondamentos posteriores, ben para adquirir claves interpretativas que lle permitan asimilar moitas das informacións que se poden ver nos medios de comunicación e que desbordan o nivel de coñecemento dos non-iniciados nesas materias. Xa que logo, só nos queda desexar que as dúas coleccións prosigan a súa andaina ampliando o abano de temas para o que nos fornecen guías básicas de información, e actualizando con frecuencia os traballos en determinadas áreas que polas súas características (pénsese en áreas como a ecoloxía ou a enxeñería xenética) evolúen con moita rapidez en paralelo ós avances tecnolóxicos.
|
principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...? |