Abril do 2003
   Visita os números anteriores
Buscas


02/04/03 Táboa redonda sobre o Plan Xeral de Normalización Lingüística

09/04/03 Táboa redonda: a Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos

09/04/03 Iniciación e perfeccionamento no Concello de Santiago

25/04/03 Concurso: logotipo para as cnl

25/04/03 Concurso en Bioloxía: deseño gráfico + lema




Breviarios, O saber de peto

Eds. Laiovento e Lóstrego


 


O SNL apoia o traballo das comisións de normalización

As comisións de normalización lingüistica funcionan, fundamentalmente, gracias ó voluntarismo das persoas que as integran. Ás veces, as actuacións que levan adiante requiren de importantes esforzos de traballo. Os centros están obrigados a facilitar o funcionamento destas comisións na medida das súas posibilidades, mais as cnl tamén poden contar co apoio do Servicio de Normalización Lingüística, tanto técnico como económico.

Neste ano que andamos, o Servicio de Normalización Lingüística abriu un prazo, que rematou o pasado 21 de febreiro, para que as cnl solicitasen axudas para os seus proxectos. Como resultado desta convocatoria, presentáronse peticións:

  • CNL de Psicoloxía: para un curso de creación de páxinas web das materias impartidas na Facultade e para a edición dunha revista para os alumnos.
  • CNL de Bioloxía: para unha campaña de presentación da propia Comisión.
  • CNL da EPS: para a publicación dos Termos básicos de Botánica e Termos básicos de Construcción, ambos dunhas 500 entradas.
  • CNL de Medicina: para a constitución dun equipo para elaborar o Vocabulario de termos médico-cirúrxicos (5.000 termos).

O Servicio de Normalización decidiu atender todas estas solicitudes, agás a da edición da revista de Psicoloxía, por entendermos que se trata dunha actuación de tipo non normalizador, que simplemente se publica en galego.

Ademais do apoio técnico necesario para que estas ideas se realicen con éxito (asesoramento á hora de enfocar a elaboración dos repertorios terminolóxicos, xestións para editar os folletos e carteis, edición dos vocabularios, etc.), sen que os membros das comisións se carguen de traballo, o SNL tamén as acubilla economicamente. Neste senso, incorporou todas estas accións no proxecto de addenda correspondente a este ano 2003, ó convenio que asinaron en 1991 a USC e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria en materia de normalización lingüística. Axiña comezaremos a ver os resultados destas colaboracións.

 


Imprimir
Noutros números:

Os concursos de deseño gráfico, a punto


Ciencias da Educación e a lingua galega (I)


Ciencias da Educación e a lingua galega (II)


EuroCom: Aprender as linguas europeas simultaneamente


É natural: a bioloxía tamén fala galego


Exposición dos deseños gráficos a prol da lingua


A lingua galega nos novos Estatutos (I)


A lingua galega nos novos Estatutos (II)


Nace USC-LEXITERM, a rolda terminolóxica da USC


Previsións de uso do galego na docencia no curso 03-04


Remataron os cursos do SNL para os alumnos e as alumnas da USC


Novas tecnoloxías, innovación educativa e galego


O 17,6% da docencia da USC impartirase en galego neste curso


Ensinar a través da Rede e en galego


Cursos de lingua na USC


A reforma das normas (por Ernesto G. Seoane)


Execución do Plan de Normalización no curso 03-04


Teses en galego: proba sen obstáculos


Polémica sobre o cumprimento da Carta europea das linguas


Só 9 titulacións cumpren o modelo lingüístico da USC


Seminario para a dinamización lingüística na USC


O galego no web da USC


Novo, urbano e universitario = menos galego


Seminario para a dinamización “Temos un plan”


Reunión das comisións de normalización


Investigar en galego, cum laude


O Plan de Normalización, en papel


19 departamentos, 0% galego na docencia


Solicitudes das cnl de axuda económica


Deseños a prol da lingua


O galego segundo a mocidade


Normalización, tamén na programación plurianual


Apoio aos traballos de investigación en galego


Novas aplicacións informáticas en galego


A reforma das Normas, gañando terreo


Corpus Paralelo CLUVI: una nova ferramenta para a tradución


bUSCatermos, a ferramenta terminolóxica para o galego na USC


Os traballiños das comisións en 2004


 

principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...?
 
©Servizo Normalización Lingüistica, Universidade de Santiago de Compostela. Correo electrónico: snlisa@usc.es