Abril do 2003
   Visita os números anteriores
Buscas


02/04/03 Táboa redonda sobre o Plan Xeral de Normalización Lingüística

09/04/03 Táboa redonda: a Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos

09/04/03 Iniciación e perfeccionamento no Concello de Santiago

25/04/03 Concurso: logotipo para as cnl

25/04/03 Concurso en Bioloxía: deseño gráfico + lema




Breviarios, O saber de peto

Eds. Laiovento e Lóstrego


 


Normalización Lingüística no Claustro

Na reunión do Claustro do 27 de marzo procedeceuse á elección dos dez membros da Comisión de Normalización Lingüística. Resultaron escolleitos os profesores Francisco Caamaño Isorna (Departamento de Medicina Preventiva e Saúde Pública), Esther Gómez Forneas (Dpto. de Química Inorgánica da Facultade de Ciencias, e presidenta da Comisión de Normalización Lingüística da EPS), Ernesto Xosé González Seoane (Dpto. de Filoloxía Galega), Jesús Liñares Beiras (Dpto. de Óptica), Carmen Rodríguez Iglesias (Dpto. de Matemática Aplicada) e Manuel José Botana Agra (Dpto. de Dereito Mercantil); os estudiantes de 1º e 2º ciclo, Alberto Pérez Cotos e Xandra Santos Palmou; o de 3º ciclo José Antonio Abelenda Vila, e o membro do PAS Francisco Castro Alvarado, que xa era membro da Comisión anterior.

Esta comisión estará presidida polo secretario xeral da USC, Joaquín Rodríguez Toubes, por delegación do rector. Tamén forma parte dela, como membro nato o director do Servicio de Normalización Lingüística, Manuel Núñez Singala.

A Comisión de Normalización Lingüística do Claustro é unha comisión de traballo deste órgano de goberno para temas relacionados coa difusión da lingua galega na Universidade. O Claustro deciciu dotarse desta comisión delegada o 4 de marzo de 1999. Desde a súa constitución, os seus membros estiveron a traballar na elaboración do Plan de Normalización Lingüística, a partir dos datos sociolingüísticos existentes e dos referentes legais e estatutarios, nun proceso de consenso e negociación aberto a toda a comunidade universitaria. O seu labor culminou na aprobación por amplísima maioría no pleno do Claustro do Plan de Normalización Lingüística*, aplicable na USC ata 2010.

A partir de agora, e trala obrigada renovación de compoñentes, a Comisión do Claustro deberá velar pola aplicación do Plan de Normalización, propoñendo anualmente liñas estratéxicas de actuación e avaliando a súa execución.

* http://www.usc.es/snlus/pnl.htm

 


Imprimir
Noutros números:

Os concursos de deseño gráfico, a punto


Ciencias da Educación e a lingua galega (I)


Ciencias da Educación e a lingua galega (II)


EuroCom: Aprender as linguas europeas simultaneamente


É natural: a bioloxía tamén fala galego


Exposición dos deseños gráficos a prol da lingua


A lingua galega nos novos Estatutos (I)


A lingua galega nos novos Estatutos (II)


Nace USC-LEXITERM, a rolda terminolóxica da USC


Previsións de uso do galego na docencia no curso 03-04


Remataron os cursos do SNL para os alumnos e as alumnas da USC


Novas tecnoloxías, innovación educativa e galego


O 17,6% da docencia da USC impartirase en galego neste curso


Ensinar a través da Rede e en galego


Cursos de lingua na USC


A reforma das normas (por Ernesto G. Seoane)


Execución do Plan de Normalización no curso 03-04


Teses en galego: proba sen obstáculos


Polémica sobre o cumprimento da Carta europea das linguas


Só 9 titulacións cumpren o modelo lingüístico da USC


Seminario para a dinamización lingüística na USC


O galego no web da USC


Novo, urbano e universitario = menos galego


Seminario para a dinamización “Temos un plan”


Reunión das comisións de normalización


Investigar en galego, cum laude


O Plan de Normalización, en papel


19 departamentos, 0% galego na docencia


Solicitudes das cnl de axuda económica


Deseños a prol da lingua


O galego segundo a mocidade


Normalización, tamén na programación plurianual


Apoio aos traballos de investigación en galego


Novas aplicacións informáticas en galego


A reforma das Normas, gañando terreo


Corpus Paralelo CLUVI: una nova ferramenta para a tradución


bUSCatermos, a ferramenta terminolóxica para o galego na USC


Os traballiños das comisións en 2004


 

principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...?
 
©Servizo Normalización Lingüistica, Universidade de Santiago de Compostela. Correo electrónico: snlisa@usc.es