|
O SNL apoia o traballo das comisións de normalización As comisións de normalización lingüistica funcionan, fundamentalmente, gracias ó voluntarismo das persoas que as integran. Ás veces, as actuacións que levan adiante requiren de importantes esforzos de traballo. Os centros están obrigados a facilitar o funcionamento destas comisións na medida das súas posibilidades, mais as cnl tamén poden contar co apoio do Servicio de Normalización Lingüística, tanto técnico como económico. Neste ano que andamos, o Servicio de Normalización Lingüística abriu un prazo, que rematou o pasado 21 de febreiro, para que as cnl solicitasen axudas para os seus proxectos. Como resultado desta convocatoria, presentáronse peticións:
O Servicio de Normalización decidiu atender todas estas solicitudes, agás a da edición da revista de Psicoloxía, por entendermos que se trata dunha actuación de tipo non normalizador, que simplemente se publica en galego. Ademais do apoio técnico necesario para que estas ideas se realicen con éxito (asesoramento á hora de enfocar a elaboración dos repertorios terminolóxicos, xestións para editar os folletos e carteis, edición dos vocabularios, etc.), sen que os membros das comisións se carguen de traballo, o SNL tamén as acubilla economicamente. Neste senso, incorporou todas estas accións no proxecto de addenda correspondente a este ano 2003, ó convenio que asinaron en 1991 a USC e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria en materia de normalización lingüística. Axiña comezaremos a ver os resultados destas colaboracións.
|
Neste número:
Deseña para o galego e gaña para ti
Normalización Lingüística no Claustro
Informes do valedor da comunidade universitaria
Segunda quenda dos cursos para os traballos de investigación
Noutros números:
Os concursos de deseño gráfico, a punto Ciencias da Educación e a lingua galega (I) Ciencias da Educación e a lingua galega (II) EuroCom: Aprender as linguas europeas simultaneamente É natural: a bioloxía tamén fala galego Exposición dos deseños gráficos a prol da lingua A lingua galega nos novos Estatutos (I) A lingua galega nos novos Estatutos (II) Nace USC-LEXITERM, a rolda terminolóxica da USC Previsións de uso do galego na docencia no curso 03-04 Remataron os cursos do SNL para os alumnos e as alumnas da USC Novas tecnoloxías, innovación educativa e galego O 17,6% da docencia da USC impartirase en galego neste curso Ensinar a través da Rede e en galego A reforma das normas (por Ernesto G. Seoane) Execución do Plan de Normalización no curso 03-04 Teses en galego: proba sen obstáculos Polémica sobre o cumprimento da Carta europea das linguas Só 9 titulacións cumpren o modelo lingüístico da USC Seminario para a dinamización lingüística na USC Novo, urbano e universitario = menos galego Seminario para a dinamización “Temos un plan” Reunión das comisións de normalización Investigar en galego, cum laude O Plan de Normalización, en papel 19 departamentos, 0% galego na docencia Solicitudes das cnl de axuda económica Normalización, tamén na programación plurianual Apoio aos traballos de investigación en galego Novas aplicacións informáticas en galego A reforma das Normas, gañando terreo Corpus Paralelo CLUVI: una nova ferramenta para a tradución bUSCatermos, a ferramenta terminolóxica para o galego na USC Os traballiños das comisións en 2004 |
principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...? |