|
Informes do valedor da comunidade universitaria O valedor da comunidade universitaria presentou nesta sesión do Claustro do 27 de marzo os seus informes, correspondentes ós cursos 1999-2000, 2000-2001 e 2001-2002. Como é sabido, este órgano debe supervisar a actuación da Universidade para corrixir posibles irregularidades ou arbitrariedades, así como cooperar cos órganos de goberno para buscarlles solución ós problemas que se susciten. Dende o punto de vista da posible vulneración de dereitos lingüísticos, nestes tres cursos o valedor mediou na resolución de tres conflictos. No curso 1999-2000 varios profesores diríxense ó valedor para informalo dun escrito da suposta autoría de Estudantes Independentistas, no que reclaman un maior uso do galego na docencia así como o respecto polos seus usuarios, e no que incluían que 'se a resposta for nula, informamo-lo/a de que a comunidade universitária ver-se-á obrigada a proceder con acçons mais contundentes contra a sua docéncia'. Esta frase interpretouse como unha ameaza, e trala intervención do valedor, o secretario xeral da USC envioulle un escrito a EI para rexeitar os termos desta carta anónima e lembrarlle os procedementos e órganos establecidos en materia de normalización lingüística. Nese mesmo curso, un docente presentou unha queixa ó valedor en relación co requirimento feito polo vicerrector de coordinación ó profesorado da USC para que nos exames haxa versións en galego. E no curso 2000-2001, un grupo de estudiantes do Curso de Aptitude Pedagóxica solicitaron a mediación do valedor en relación coa lingua en que se impartía a docencia de certas materias. Tres conflictos lingüísticos presentados perante o valedor en tres cursos, dun total de 187 actuacións de todo tipo: non é moito. Probablemente, a eles habería que engadir, para ter unha visión de conxunto, as queixas que moitos membros da comunidade universitaria fan chegar ó Servicio de Normalización Lingüística, nomeadamente por incumprimentos do Regulamento de uso do galego: anuncios e publicidade da USC, contidos dos Puntos de Información ó Usuario (PIU), utilización de toponimia incorrecta, páxinas web universitarias, software instalado nos ordenadores das aulas informáticas, formularios para as eleccións sindicais, comunicacións a través de correos de difusión masiva, etc.
|
Neste número:
Deseña para o galego e gaña para ti
Normalización Lingüística no Claustro
O SNL apoia o traballo das comisións de normalización
Segunda quenda dos cursos para os traballos de investigación
Noutros números:
Os concursos de deseño gráfico, a punto Ciencias da Educación e a lingua galega (I) Ciencias da Educación e a lingua galega (II) EuroCom: Aprender as linguas europeas simultaneamente É natural: a bioloxía tamén fala galego Exposición dos deseños gráficos a prol da lingua A lingua galega nos novos Estatutos (I) A lingua galega nos novos Estatutos (II) Nace USC-LEXITERM, a rolda terminolóxica da USC Previsións de uso do galego na docencia no curso 03-04 Remataron os cursos do SNL para os alumnos e as alumnas da USC Novas tecnoloxías, innovación educativa e galego O 17,6% da docencia da USC impartirase en galego neste curso Ensinar a través da Rede e en galego A reforma das normas (por Ernesto G. Seoane) Execución do Plan de Normalización no curso 03-04 Teses en galego: proba sen obstáculos Polémica sobre o cumprimento da Carta europea das linguas Só 9 titulacións cumpren o modelo lingüístico da USC Seminario para a dinamización lingüística na USC Novo, urbano e universitario = menos galego Seminario para a dinamización “Temos un plan” Reunión das comisións de normalización Investigar en galego, cum laude O Plan de Normalización, en papel 19 departamentos, 0% galego na docencia Solicitudes das cnl de axuda económica Normalización, tamén na programación plurianual Apoio aos traballos de investigación en galego Novas aplicacións informáticas en galego A reforma das Normas, gañando terreo Corpus Paralelo CLUVI: una nova ferramenta para a tradución bUSCatermos, a ferramenta terminolóxica para o galego na USC Os traballiños das comisións en 2004 |
principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...? |