Abril do 2003
   Visita os números anteriores
Buscas


02/04/03 Táboa redonda sobre o Plan Xeral de Normalización Lingüística

09/04/03 Táboa redonda: a Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos

09/04/03 Iniciación e perfeccionamento no Concello de Santiago

25/04/03 Concurso: logotipo para as cnl

25/04/03 Concurso en Bioloxía: deseño gráfico + lema




Breviarios, O saber de peto

Eds. Laiovento e Lóstrego


 


SNL: facendo memoria

O Servicio de Normalización Lingüística desenvolve o seu traballo a través de catro áreas de actuación: Asesoramento lingüístico, Formación, Terminoloxía e Dinamización.

Dentro da Área de Asesoramento Lingüístico destacan os preto de 5.000 folios procesados, e que na inmensa maioría dos casos corresponde a correccións (máis de 4.400 páxinas). A Área fixou un proceso de corrección significativa, así como uns criterios de corrección segundo a importancia e a repercusión dos documentos. Cómpre sinalar o altísimo grao de cumprimento dos prazos de traballo, que supera o 95% dos casos.

Ademais esta área atende innumerables consultas puntuais realizadas ben persoalmente, ben a través do teléfono (ext. 11327), o correo electrónico (mbermu@usc.es) ou o formulario electrónico da páxina web (http://www.usc.es/snlus/asesor.htm).

A Área de Formación argallou un total de 12 cursos, 8 deles no Campus de Santiago e 4 no de Lugo, ós que asistiron 226 persoas. Os cursos dirixidos ó PAS, organizados conxuntamente co Servicio de Planficación e Programación de PAS, consistiron en 2 cursos de reciclaxe de lingua, 1 curso de linguaxe administrativa e 2 cursos de lingua oral.

Para o estudiantado convocáronse 4 cursos de redacción e deseño de traballos de investigación, así como 3 cursos de lingua galega para non galegofalantes, dos dous niveis de que consta (elemental e competencia). Estes últimos computan 5 créditos de libre elección, e a eles asistiron persoas procedentes do resto do Estado (fundamentalmente, de Asturias e Castela-León) mais tamén de Estados Unidos, Suíza, Polonia, Francia, Finlandia, Alemaña, Brasil, Perú...

O traballo máis visible da Área de Terminoloxía neste período foi a edición do Vocabulario de Química. Máis calado e desapercibido foi a creación e depuración dunha base de datos terminolóxica con máis de 80.000 rexistros que polo de agora é para o uso interno no SNL, así como os traballos relativos á elaboración doutros 8 repertorios terminográficos.

Finalmente, a Área de Dinamización foi a encargada da publicación e difusión do Cartafol, tanto na súa versión dixital como en papel, e tamén da actualización e mantemento do web do SNL. Por outra banda, prestoulle apoio técnico á Comisión de Normalización Lingüística da EPS, e un ano máis puxo en marcha a campaña de axudas á elaboración de teses, memorias de licenciatura e proxectos de fin de carreira en galego, á que se acolleron 11 doutorandos, 13 graduandos e 61 proxectistas.

A memoria das actividades que o Servicio de Normalización realizou o curso anterior xa se pode consultar no seu web <http://www.usc.es/snlus/snl.htm>.

 


Imprimir
Noutros números:

Os concursos de deseño gráfico, a punto


Ciencias da Educación e a lingua galega (I)


Ciencias da Educación e a lingua galega (II)


EuroCom: Aprender as linguas europeas simultaneamente


É natural: a bioloxía tamén fala galego


Exposición dos deseños gráficos a prol da lingua


A lingua galega nos novos Estatutos (I)


A lingua galega nos novos Estatutos (II)


Nace USC-LEXITERM, a rolda terminolóxica da USC


Previsións de uso do galego na docencia no curso 03-04


Remataron os cursos do SNL para os alumnos e as alumnas da USC


Novas tecnoloxías, innovación educativa e galego


O 17,6% da docencia da USC impartirase en galego neste curso


Ensinar a través da Rede e en galego


Cursos de lingua na USC


A reforma das normas (por Ernesto G. Seoane)


Execución do Plan de Normalización no curso 03-04


Teses en galego: proba sen obstáculos


Polémica sobre o cumprimento da Carta europea das linguas


Só 9 titulacións cumpren o modelo lingüístico da USC


Seminario para a dinamización lingüística na USC


O galego no web da USC


Novo, urbano e universitario = menos galego


Seminario para a dinamización “Temos un plan”


Reunión das comisións de normalización


Investigar en galego, cum laude


O Plan de Normalización, en papel


19 departamentos, 0% galego na docencia


Solicitudes das cnl de axuda económica


Deseños a prol da lingua


O galego segundo a mocidade


Normalización, tamén na programación plurianual


Apoio aos traballos de investigación en galego


Novas aplicacións informáticas en galego


A reforma das Normas, gañando terreo


Corpus Paralelo CLUVI: una nova ferramenta para a tradución


bUSCatermos, a ferramenta terminolóxica para o galego na USC


Os traballiños das comisións en 2004


 

principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...?
 
©Servizo Normalización Lingüistica, Universidade de Santiago de Compostela. Correo electrónico: snlisa@usc.es