
Temos moitos titulados/as que marchan fóra a traballar, afortunadamente en mellores condicións ca antes. Coñecen excelentemente outros idiomas e non dubidan, algúns dende postos de prestixio, en defenderen a nosa lingua sen prexuízos nin complexos.
Hai moitas persoas nesta Universidade que tamén aman a nosa lingua, dende diversas posturas, moitas delas no silencio dos actos cotiáns. Mais ás veces tamén convén saír á luz pública a reafirmar o compromiso co galego dende unha posición de prestixio.
|