|
Axenda III Certame de recolla da tradición oral galego-portuguesa Pretende recoller mostras dos saberes de persoas ou colectivos que poidan ser considerados «tesouros vivos do patrimonio galego-portugués». Entre as cinco categorías de premios, unha específica para Universidade. http://pontenasondas.org/.Obradoiro de presentacións didácticas eficientes para PDI Comeza en Psicoloxía este curso do Programa de Formación e Innovación Docente para o PDI, de 34 horas, para aprender a utilizar as presentacións para comunicar mellor. O prazo de matrícula remata o 1 de xuño. http://matricula.usc.es/cursos/pfid/. Obradoiro de elaboración de unidades didácticas para PDI Comeza na EPS este curso do Programa de Formación e Innovación Docente para o PDI, de 45 horas, para aprender a elaborar unidades didácticas. O prazo de matrícula remata o 5 de xuño. http://matricula.usc.es/cursos/pfid/. Remata a inscrición nos cursos preparatorios dos CELGA O 20 de xuño remata o prazo de inscrición na segunda quenda de cursos preparatorios dos exames para obter o Certificado de Lingua Galega (Celga). En xullo e agosto desenvolveranse 40 cursos para preparar os Celga 1, 2, 3 e 4. http://xunta.es/linguagalega/noticias/celga. Obradoiro de expresión oral en galego I para PDI Na Facultade de Veterinaria comeza este curso do Programa de Formación e Innovación Docente para o PDI, de 20 horas. O prazo de inscrición remata o 16 de xuño. http://matricula.usc.es/cursos/pfid/. Premios á calidade e á excelencia lingüística Ata o 24 de xullo de 2009 teñen de prazo aqueles estudantes que queiran presentar os seus traballos académicos redactados en lingua galega aos V Premios á calidade e á excelencia lingüistica. http://www.usc.es/snl/dinamiza/calidade1.htm. Premios «Comunicándomos» de publicidade en galego Se es estudante da USC, poderás presentar unha proposta publicitaria artellada arredor dun lema en galego ata o 24 de xullo. Podes gañar ata 500 euros en metálico! http://www.usc.es/snl/dinamiza/publicidade.htm. Remata o prazo para inscribirse nas probas dos Celga Remata o prazo de presentación de solicitudes para acceder ás probas Celga para a convocatoria de novembro de 2009. http://www.xunta.es/linguagalega/probas_celga.
|
|
principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...? |