|
Ruxe Ruxe En Filandia os estudantes aprenden finés e sueco (A Nosa Terra, 31/05/09) O alemán Peter Kraus é profesor da Universidade de Helsinki. Estuda dos conflitos lingüísticos en Europa e conta cun coñecemento profundo da situación en España. Nesta entrevista aborda o multilingüismo na UE e explica o caso finlandés O Valedor non detecta os problemas co galego que ve o PP (Xornal, 27/05/09) En 2008, co decreto do ensino en galego vixente, reduciuse o número de queixas presentadas en materia de lingua ante o Valedor do Pobo con respecto ao exercicio anterior, supoñendo un cambio de tendencia pois as protestas medraban ano tras ano. A reforma da Lei da Función Pública farase sen consenso sindical (Xornal, 27/05/09) A Lei da Función Pública reformarase en breve, malia o rexeitamento das centrais sindicais de Galicia, agás o CSIF, para eliminar a única proba obrigatoria en galego para acreditar o seu coñecemento. Educación fará unha consulta sobre a lingua e non descarta segre (El Correo Gallego, 25/05/09)
Quere integrar as familias no deseño da súa proposta, pero matiza que non é posible un modelo á carta e que deberá garantirse igual competencia en galego e castelán.
O PP desmárcase agora do plan do galego impulsado por Fraga (La Voz de Galicia, 21/05/09) O plan de normalización lingüística aprobado co consenso de todas as forzas políticas en 2004, sendo Fraga presidente da Xunta, non guiará a política lingüística de Feijoo, pois é un simple «remuíño de ideas», segundo o novo conselleiro de Educación. A lingua ten que ser visíbel nas cidades e entre a xente nova (Vieiros, 18/05/09)
Anxo Lorenzo, novo secretario xeral de Política Lingüística aposta por «propiciar actividades que axuden a dinamizar e a visibilizar a lingua galega nos ámbitos urbanos. Ten que haber espazos para aprendela e usala». Centos de estudantes a prol dunha educación en galego (A Nosa Terra, 15/05/2009) Uns 800 estudantes de institutos e centros de FP públicos manifestáronse convocados pola plataforma Mocidade pola Lingua, a favor de recibir unha educación en galego. O Correlingua máis participativo (La Voz de Galicia, 08/05/09) Na edición do Correlingua 2009 participaron 45.000 rapazas e rapaces de 500 centros de ensino, con camisolas co lema «En galego! Pásao». Disfraces, maquillaxe, música, e moi bo ambiente contaxiaron a que xa é unha clásica celebración do mes de maio. «Aprendámoslles as linguas» (Vieiros, 04/05/2009)
«Os mellores comunicadores do país son esa rapazada tan espontánea, tan sincera, tan esperta e que fala galego tan ben», comezou dicindo Belén Regueira ao recoller o premio Mestre Mateo, facendo unha acendida defensa do ensino en galego.
|
principal | ruxe-ruxe | pasa a folla | ¿sabías que...? |