
Parabéns para os profesores da USC Teresa Moure e Antón Costa, premiados nos últimos meses polos seus traballos: unha proposta para a diversidade lingüística e un monumental estudo sobre a educación en Galicia, en que o idioma é contido transversal.
Segundo o Regulamento de uso do galego os servizos prestados á USC por entidades privadas deben respectar as normas de usos lingüísticos da USC, de acordo cunha cláusula específica do contrato. Falla a cláusula, as empresas ou falla a USC?
|